AD

Comarca

Melide acolle esta fin de semana o XI Festival Motorock Milli Riders

today23 junio, 2026

Fondo
share close
AD
  • O alcalde, José Manuel Penas, e a concelleira de Deportes, Ana Mosteiro, participaron na presentación dunha cita organizada polo Motoclub Melide Milli Riders coa colaboración do Concello

Melide, 23 de xuño de 2026.- O alcalde de Melide, José Manuel Penas, e a concelleira de Deportes, Ana Mosteiro, participaron na presentación da XI edición do Festival Motorock Milli Riders, que se celebrará este venres 26 e sábado 27 de xuño no parque Rosalía de Castro.

O evento está organizado polo Motoclub Melide Milli Riders, asociación sen ánimo de lucro, e conta coa colaboración do Concello de Melide. Trátase dunha cita xa consolidada que reunirá afeccionados ao motociclismo, así como veciños e visitantes chegados de distintos puntos de Galicia, Barcelona e Portugal. Desde a organización destacan a boa resposta que adoita rexistrar o festival, cunha asistencia que sempre supera amplamente o medio milleiro de persoas e que, nas edicións acompañadas polo bo tempo, chega a incrementarse de maneira notable.

A programación dará comezo o venres coa actuación de DJ Maikstyle e unha sesión de petiscos para os asistentes.

Xa o sábado desenvolverase a xornada principal, que incluirá a tradicional ruta libre con saída ás once da mañá desde o parque Rosalía de Castro. O percorrido pasará por Vila de Cruces, Portodemouros ata Arzúa, e durante o traxecto realizarase unha parada para degustar unha lambiscada antes do regreso a Melide, previsto arredor das dúas do mediodía. Desde a organización destacan que nesta ruta pode participar calquera persoa que o desexe, sen necesidade de estar inscrita.

Ao remate da ruta celebrarase un xantar, co polbo como protagonista, no parque Rosalía de Castro. Por cuestións de aforo, esta actividade está limitada a entre 200 e 250 persoas. A inscrición completa ten un prezo de 50 euros, mentres que a modalidade media custa 35 euros. As persoas interesadas poden formalizar a súa participación no teléfono 681 254 860. A reserva poderá realizarse incluso o propio día do evento, sempre que queden prazas dispoñibles, aínda que a organización sinala que xa quedan moi poucas vacantes.

A programación da tarde do sábado incluirá actividades como xogos moteiros e outras propostas pensadas para compartir horas de lecer. Durante toda a xornada tamén haberá animación musical con DJ.

A noite estará marcada pola celebración dunha paellada e dunha nova sesión musical, culminando coa actuación do grupo Calle del Ruido nunha auténtica noite de rock.

Desde o Concello animan á veciñanza e aos afeccionados ás dúas rodas a participar nun evento que volverá converter Melide nun referente do ambiente moteiro durante este fin de semana.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *