Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today26 junio, 2026
Ames, 26 de xuño de 2026. Os nacionalistas constatan ademais que hai por parte dos empresarios/as unha crecente preocupación respecto da seguridade do recinto. “Descoñécese o estado operativo do sistema de vídeo vixilancia existente, o seu mantemento, o alcance da súa cobertura e a súa efectividade como ferramenta de prevención e investigación de posibles incidencias” denuncia Escarlata Pampín. “A existencia dun sistema de seguridade eficaz e correctamente xestionado constitúe un elemento fundamental para garantir a protección das persoas, das instalacións e da actividade económica que se desenvolve no parque empresarial”, engade.
A redución da capacidade viaria nalgunhas rúas provocou unha maior dificultade para a circulación de vehículos pesados, o impedimento de operacións de carga e descarga e cruzamentos en determinados puntos, provocando situacións que non existían con anterioridade. Na súa intervención no pleno, Escarlata Pampín denunciou que dende hai anos os usuarios e usuarias do polígono empresarial están facendo propostas con respecto a diversas cuestións como, por exemplo, o estacionamento e que o partido socialista foinas desbotando, “hai un grave problema e vostedes sábeno e por iso está no polígono todos os días a policía local polo tanto francamente non entendo non apoiar esta moción, tirar balóns fóra dicindo que xa está feito e mirar cara outro lado”, argumentou.
O BNG de Ames lamenta que incluso a demanda de priorizar de xeito urxente a construción dun acceso propio ao Parque Empresarial do Novo Milladoiro non contase co apoio do goberno socialista, pese a isto a moción saíu adiante cos votos de toda a oposición.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)