AD

Actualidad

Wizz Air adianta a apertura da súa base no aeroporto de Santiago ao 17 de decembro

today12 agosto, 2026

Fondo
share close
AD

A compañía Wizz Air abrirá a súa nova base no aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro o vindeiro 17 de decembro, un mes e medio do anunciado hai un par de semanas polos representantes da compañía no Pazo de Raxoi, nun acto presidido pola alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín.

Con este adianto de algo máis de seis semanas respecto da primeira data prevista, a compañía contará cunha importante operativa xa de cara ao Nadal e o comezo do Ano Santo 2027, cun impacto directo no sector turístico tanto nas datas festivas coma nun mes de tempada baixa.

Deste xeito, ademais das rutas internacionais a Roma e Varsovia, que xa estaban á venda a partires do 14 e do 1 de decembro respectivamente, Wizzair adiantará tamén a mediados do último mes do ano a apertura de diferentes rutas domésticas. En concreto: o 17 de decembro comezarán as rutas a Málaga, Tenerife Norte e Zaragoza: o 18 comezarán a Gran Canaria e o 19 a Forteventura.

Antes aínda, a comezos de novembro chegará Wizz Air a Compostela coa apertura de tres rutas domésticas a Valencia e Bilbao o 2 de novembro, e Madrid, o 3 de novembro. En total, a partires da apertura da base xa o 17 de decembro, Wizz Air contará non só para o Nadal senón para xaneiro e febreiro, os principais meses de tempada baixa na cidade, cun total de 10 rutas, dúas internacionais e oito domésticas, nunha clara aposta por Santiago de Compostela como destino turístico atractivo durante todo o ano.

Segundo a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, “o anuncio de WizzAir da súa nova base en Santiago de Compostela a partir de febreiro, é unha moi boa nova que se vaian adiantar as datas e que poidamos xa gozar dese avión basado desde decembro deste ano. É a confirmación da boa recepción que está tendo a chegada de Wizz ao Rosalía de Castro, así como o bo comportamento que en xeral están tendo as diferentes rutas que operan nesta temporada de verán, incluídas as novidades de Nova York con United, Marrakexh con Vueling, Amsterdam con KLM ou Cork con Aer Lingus”.

Así, a concelleira lembrou que “desde o Concello de Santiago levamos moito tempo traballando para que a conetividade tan relevante que xa temos este verán se manteña na temporada de inverno, tamén en diversificar as compañías do Rosalía de Castro, e esta nova de hoxe de Wizz Air é moi positiva nese sentido”.

Miriam Louzao quixo destacar que en novembro comezarán as conexións de Wizz Air con Madrid, Valencia e Bilbao e este mes de decembro ademais de con Roma e a Varsovia, Compostela terá conexión con Wizz Air con Gran Canaria, Fuerteventura, Tenerife Norte, Málaga e Zaragoza, esta última unha conexión que perderamos fai uns meses no Rosalía de Castro e que por fin recuperamos. Seguimos, por tanto, traballando con todas as compañías para mellorar a conetividade do noso aeroporto.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *