AD

Comarca

O BNG de Ordes esixe investigar a aparición de numerosas troitas mortas no río Cabrón

today29 junio, 2026

Fondo
share close
AD

O Grupo Municipal do BNG de Ordes presentou un rogo ao alcalde para que o Concello investigue a aparición de numerosas troitas mortas no río Cabrón, á altura de Guindiboo de Arriba, así como no rego da Fraga, nas proximidades da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Ordes.

O portavoz municipal do BNG, Pablo Vidal Ríos, solicita que se determine a causa da mortaldade destes exemplares e que se comprobe se este episodio puido estar relacionado cun posible vertido ou cun foco de contaminación procedente da depuradora, tendo en conta que a zona afectada se atopa augas abaixo desta instalación.

No seu rogo, a formación nacionalista reclama que, no caso de detectarse algún problema ou deficiencia no funcionamento da EDAR, o Concello actúe de maneira inmediata para corrixilo e evitar que se repitan episodios semellantes no futuro.

O BNG considera imprescindible esclarecer canto antes o sucedido, tanto polo impacto ambiental que supón para o ecosistema fluvial como pola necesidade de garantir a calidade das augas e a protección da fauna dos ríos do municipio.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *