AD

Comarca

Oroso ampliará e renovará o parque canino de Porto Avieira

today30 junio, 2026

Fondo
share close
AD

O Concello de Oroso e a Xunta de Galicia deron un novo paso para mellorar os espazos públicos do municipio coa sinatura do protocolo de colaboración que permitirá acometer a ampliación e renovación do parque canino de Porto Avieira.

A actuación contará cun investimento de preto de 50.000 euros e permitirá modernizar as instalacións, reforzar a seguridade do recinto e incorporar novos servizos e equipamentos para facer do parque un espazo máis cómodo, accesible e funcional.

Entre as melloras previstas figuran a instalación de fontes adaptadas para cans, papeleiras específicas, dispensadores de bolsas, unha zona de xogos, bancos, nova vexetación e áreas de sombra que incrementarán o confort das persoas usuarias e das súas mascotas.

Ademais, o parque incrementará a súa superficie, pasando dos actuais 950 metros cadrados a arredor de 1.100 metros cadrados, ofrecendo un espazo máis amplo para o lecer e a socialización dos animais.

Con esta actuación, o Concello de Oroso reafirma o seu compromiso coa mellora continua dos servizos municipais e coa creación de espazos públicos de calidade que contribúan ao benestar da veciñanza.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *