AD

Comarca

Julián Bustelo aposta por recuperar o dique de Tanxil

today19 agosto, 2026

Fondo
share close
AD

 

Julián Bustelo propón recuperar o dique de Tanxil co obxectivo de poñer en valor este enclave, mellorar o seu estado e favorecer o seu aproveitamento tanto pola veciñanza como polas persoas que visitan Rianxo.

A proposta formula unha intervención integral que combine a conservación do dique coa mellora da accesibilidade, a seguridade e a integración paisaxística. Bustelo vincula esta actuación cos traballos que se están realizando na zona, entre eles a próxima reposición da Virxe de Guadalupe de Asorey na súa localización tradicional.

“O dique de Tanxil forma parte da nosa identidade e do noso patrimonio. Recuperalo é apostar por un espazo que pode volver ser desfrutado pola veciñanza e, ao mesmo tempo, converterse nun atractivo máis para quen nos visita”, sinala Bustelo.

A iniciativa contempla estudar as actuacións necesarias para conservar o dique e acondicionar o seu contorno, respectando os valores ambientais e paisaxísticos e aplicando criterios de sustentabilidade. Bustelo tamén considera necesaria a participación das distintas administracións implicadas.

A recuperación do dique enmárcase nunha visión máis ampla de posta en valor do patrimonio e dos espazos públicos de Rianxo, coa intención de mellorar a calidade de vida da veciñanza e reforzar o atractivo do litoral.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *