Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today1 julio, 2026
O concelleiro popular lembra que o BNG rexeitou no pasado as propostas para ver na rúa os partidos das seleccións española feminina e masculina e o ascenso da SD Compostela
O concelleiro do Partido Popular de Santiago José Ramón de la Fuente acusou este mércores ao goberno de Goretti Sanmartín de actuar con «sectarismo» na organización das pantallas para seguir os partidos da Selección Española, ao considerar que o executivo local «nunca quixo impulsar esta iniciativa e só a leva a cabo porque foi a proposta máis votada pola cidadanía nos orzamentos participativos».
De la Fuente lembrou que o Partido Popular solicitou no seu momento a instalación de pantallas xigantes para seguir o Mundial da Selección Española Feminina e posteriormente a Eurocopa da Selección Española Masculina, iniciativas que, segundo denunciou, foron rexeitadas polo goberno municipal.
O edil popular tamén recordou que o Concello «tampouco colaborou» para instalar unha pantalla na Praza da Quintana co obxectivo de seguir o ascenso da SD Compostela. «A cidadanía ten que saber que aquela iniciativa foi sufragada integramente por un particular e non polo Concello. Iso si, despois vimos aos responsables do goberno municipal querer ocupar a primeira fila para saír na foto», afirmou.
Segundo explicou, a situación actual é moi distinta porque «o goberno de Goretti Sanmartín non ten máis remedio que cumprir coa vontade expresada polos composteláns nos orzamentos participativos». Porén, considera que o executivo local «segue sen crer nesta iniciativa e está facendo todo o posible para restarlle éxito».
Neste sentido, criticou a decisión de repartir as pantallas por distintos puntos da cidade, unha medida que, ao seu xuízo, «fragmenta a participación, dificulta que a cidadanía saiba onde acudir e impide crear o ambiente de encontro e celebración que merece un acontecemento destas características».
«O goberno de Goretti Sanmartín nunca apostou por levar o fútbol da Selección Española ás rúas de Santiago. Agora faino porque está obrigado, pero incluso así tenta deslucir unha iniciativa que nace da vontade maioritaria dos veciños», sinalou.
Para rematar, De la Fuente asegurou que esta forma de actuar evidencia «unha maneira sectaria de gobernar». «O goberno de Goretti Sanmartín goberna Santiago, pero non goberna para os santiagueses. Goberna pensando unicamente nos intereses do BNG e non no conxunto da cidade», concluíu.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)