AD

Destacado

Santiago activa medidas de aforro e mantemento crítico ante a baixada do caudal do Tambre

today5 julio, 2026

Fondo
share close
AD

A área de Servizos Básicos do Concello permanece pendente da situación hidrolóxica e dos caudais de auga municipais. Actualmente, o departamento que dirixe Xesús Domínguez constatou unha regresión cuantitativa no río Tambre no punto de captación da ETAP de Santiago (principal fonte de abastecemento da cidade) en comparación co mesmo período do ano anterior. Por iso, o Concello apela a un uso responsable da auga e xa tomou medidas de optimización e racionalización dos recursos hídricos en parques e xardíns.

Así mesmo, o Concello recomenda á veciñanza adoptar hábitos cotiás de aforro para un aforro de auga doméstica, como con as seguintes:

  • Pechar as billas durante o cepillado ou o lavado de mans e optar por duchas curtas en lugar de baños.
  • Instalar aireadores nas billas da cociña e dos baños.
  • Revisar posibles fugas nas instalacións domésticas.
  • Usar lavadora e lavalouza só con carga completa e empregar programas de baixo consumo.
  • Evitar regar xardíns nas horas de máis calor.
  • Non empregar auga para encher piscinas particulares.

A preguntas dos medios este venres, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, salientou, as medidas polas que aposta este goberno e está adoptando a medio e longo prazo para que a cidade sexa máis resiliente. Así, puxo como exemplo os traballos desenvolvidos no Barrio Verde da Pontepedriña, no marco do proxecto Entre Sar e Sarela, ou outros proxectos previstos como a rúa Santiago de Chile dentro do novo modelo para o Ensanche.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *