Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O evento, consolidado xa como unha das citas de referencia do lecer dixital en Galicia, ten como obxectivo achegar a cultura do videoxogo a persoas de todas as idades, combinando a competición con actividades divulgativas e propostas de carácter familiar.
Ao longo de toda a xornada, as persoas asistentes poderán gozar dunha ampla programación de torneos que inclúe títulos tan populares como o Rocket League, Mario Kart, Brawl Stars e EA Sports FC 26, ademais de competicións retro de Tekken 4, Call of Duty: Black Ops II, Pokémon Stadium e Dragon Ball Z: Budokai Tenkaichi III. Estes torneos retransmitiranse en directo nunha pantalla xigante cos comentarios de Tai Beatbox.
Aos torneos da xornada engádense varios torneos nas xornadas previas, desde o mércores 8 de xullo, de Super Smash Bros Ultimate, Clash Royale e Fortnite Recarga coa colaboración dalgúns locais de hostalaría locais.
Ademais das competicións, Rianxo Gaming contará cunha gran zona de actividades permanentes nas que o público poderá desfrutar de máquinas arcade, videoxogos retro, VR Arena, zona PC, xogos de mesa, espazo indie, música, postos comerciais e unha espectacular exhibición da Whoop League Drones, ofrecendo unha experiencia completa tanto para afeccionados como para quen queira achegarse por primeira vez ao mundo dos videoxogos.
A programación comezará ás 11:00 horas coa apertura do recinto e continuará co seguinte calendario de actividades:
11:30 h – Torneo de Rocket League.
12:30 h – Torneos de Tekken 4 e Call of Duty: Black Ops II.
13:00 h – Podcast en directo de Recuncho Gamer.
16:00 h – Torneo de Mario Kart.
16:30 h – Torneos de Pokémon Stadium e Dragon Ball Z: Budokai Tenkaichi III.
17:00 h – Torneo de Brawl Stars.
18:00 h – Torneo de EA Sports FC 26.
20:30 h – Entrega de premios.
21:30 h – Actuación musical de Akawave, como peche final da xornada.

O principal obxectivo do evento é seguir promovendo o videoxogo como unha ferramenta de lecer, socialización e cultura, creando un espazo aberto no que convivan distintas xeracións arredor dunha mesma afección.
Nesta edición, Rianxo Gaming reforza tamén o seu compromiso coa promoción da cultura dixital en Galicia, dando visibilidade tanto aos videoxogos clásicos como ás novas tecnoloxías e ás iniciativas impulsadas por empresas, asociacións e colectivos do sector.
Grazas á súa proposta diversa, gratuíta e aberta a toda a cidadanía, Rianxo Gaming 2026 agarda reunir centos de participantes e visitantes durante unha xornada que volverá situar a Rianxo como un dos referentes galegos na promoción do lecer dixital.
Toda a información sobre as distintas actividades está dispoñible no perfil do Instagram específico do evento @rianxogaming: https://www.instagram.com/rianxogaming/
INSCRICIÓNS NOS TORNEOS
· Inscricións nos torneos principais (Rocket League, Super Mario Kart 8 Deluxe, EA Sports FC 26, Brawl Stars):
https://forms.gle/r8nnEA1Qvv8i7UpT9
· Inscricións nos torneos previos (Super Smash Bros Ultimate, Clash Royale, Fortnite Recarga (en liña)):
https://forms.gle/iY1XUPFYGFfSBBto8
· Inscrición nos torneos retro (Tekken 4, Call of Duty: Black Ops II, Pokémon Stadium e Dragon Ball Z: Budokai Tenkaichi III): inscricións na propia xornada
O evento está organizado e patrocinado polo Concello de Rianxo e conta coa produción de Lua Gaming.
PARTICIPANTES
Participan Counter Slime, Volvemos a Primera producciones, Beest 3D Galicia, Vella Escola Cultura Urbana, Recuncho Gamer, Asociación A Moreniña, Galicia Whoop League e os estudios dos xogos indie Golpes e Broucadas, Pis-to-le-ro e Fraga.
PATROCINAN E COLABORAN
O evento conta co patrocinio ou colaboración de Xanela a túa fibra, Creade Impresión Digital, Fibra Rianxo by Pizpireta Telecom, Librería Cándido, Ramón y Óscar Tubío, Rent Galicia Inmobiliaria, Kiosco José Ramón, Escola de Música de Rianxo, bar A Motora e bar Guadalupe.
Escrito por Líder Redacción




2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)