AD

Comarca

A Estrada impulsa un aparcadoiro para camións detrás da estación de autobuses

today10 julio, 2026

Fondo
share close
AD
  • O recinto contará con 4.400 metros cadrados, no que se habilitarán 25 prazas e contará con torres de iluminación e videovixilancia para a seguridade dos vehículos, que accederán ao aparcamento cun sistema de tarxetas.

A Estrada, 10 de xullo de 2026.- A celebración do San Cristovo na Estrada chegará esta fin de semana cunha boa noticia para o sector dos transportistas estradenses. A Xunta de Goberno Local aprobará na súa sesión do luns o expediente de contratación da obra para a construción do novo estacionamento municipal para camións, na zona posterior
estación de autobuses.

“Hai un ano, precisamente na festividade do San Cristovo, os transportistas locais trasladaron ao goberno municipal que estaban necesitados dun espazo vixiado para que poidan gardar os seus camións cando chegan de traballar. Puxémonos a traballar e buscamos o financiamento”, relatou hoxe o alcalde estradense, Gonzalo Louzao.

Despois de que o executivo estradense aprobe os pregos para a contratación, a publicación será inmediata e habilitará un prazo de 20 días para que as empresas interesadas en executar a obra poidan presentar as súas ofertas.

Esta superficie de estacionamento para camións estará emprazada na explanada posterior da estación de autobuses e permitirá atender a unha antiga demanda dos transportistas locais, favorecendo a retirada dos seus vehículos pesados das rúas nas que acostuman a aparcalos.

Á hora de planificar esta nova dotación, o goberno local mantivo varias reunións con representantes do sector do transporte. Empregando fondos do plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, o Concello destinará máis de 60.000 euros á construción desta área, nunha zona que conta con bos accesos, unha situación céntrica e que actualmente se atopa en desuso. A parcela en cuestión ten unha superficie aproximada de 4.400 metros cadrados.

O proxecto contempla a restitución do peche deste recinto e a instalación dun portal de acceso ao aparcamento. Este abrirase a través dun sistema de tarxetas, de tal xeito que os transportistas da Estrada terán que solicitala no Concello. Nesta superficie habilitaranse 25 prazas de aparcamento para camións, que serán debidamente pintadas, e tamén se avanzou que no recinto se instalarán torres de iluminación e videovixilancia. Deste xeito incrementarse a seguridade nunha zona á que só poderán entrar os transportistas estradenses que conten coa correspondente tarxeta de acceso.

San Cristovo

Os transportistas e demais condutores celebrarán mañá sábado na Estrada a tradicional festa de San Cristovo, na honra do seu Patrón. Despois da misa das 19.30 horas, haberá unha procesión automobilística pola vila. Aproximadamente cara as 20.30 horas, a caravana partirá da estación de autobuses, baixará pola Avenida Benito Vigo ata a rotonda das Colonias, dende onde subirán por Fernando Conde, Rúa Ulla e Calvo Sotelo ata a Praza de Galicia. Alí estará esperando a Banda Municipal da Estrada a carón da imaxe de San Cristovo, subida nun camión. Será neste espazo onde se realice a bendición. Despois haberá cea de confraternidade e festa na Praza da Feira.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *