Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello de Boiro colabora coa Comisión das Festas do Carme de Cabo de Cruz no desenvolvemento das Festas do Carme 2026 que se celebran do 15 ao 17 de xullo. O alcalde, José Ramón Romero, participou na presentación da programación xunto co presidente, Manuel Romero, e Andrea Ozores, membros a comisión.
“As festas do Carme son de gran relevancia pola importancia que teñen para todos os mariñeiros e o pobo de Boiro” afirmou Manuel Romero que explicou o programa. As actividades comezan este sábado 11 de xullo co torneo de bolos tradicionais que se celebrará a partir das 10.00 horas no Campo de Triñáns; e o tradicional partido de Solteirxs contra Casadxs que terá lugar a partir das 17.00h no Campo de Valiño.
O mércores 15 comeza a programación das festas cos pasarrúas de Arume e O Ar de Loureda; pola tarde haberá o xogo da cucaña, xogos populares e mesa de maquillaxe; espectáculo infantil de Paco Nogueiras no Subuqueiro; e pola noite verbena con New York, Ráfaga e DJ rafastray.
O xoves 16, Dia do Carme e festivo local, comezarán as actividades co pasarrúas de Arume e O Ar de Loureda; ás 11.30h terá lugar a saída da virxe dende a capela ata a Lonxa onde se celebrará a misa cantada e a procesión marítima. Pola noite haberá verbena con Saudade e DJ ManuX e tirada de fogos de artificio. O programa de actividades remata o venres 17 cunha festa ibicenca.
O alcalde, José Ramón Romero, convidou á veciñanza a participar nesta cita “que conta cunha gran relevancia e tradición no noso concello”.
Escrito por Líder Redacción




2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)