Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O alcalde, José Ramón Romero, valora moi positivamente as Festas do Verán 2026 que o Concello de Boiro celebrou do 3 ao 8 de xullo e nas que se contou con programación para todas as idades e gustos, repartida en distintos horarios e puntos do núcleo urbano co obxectivo de diversificar as actividades.
O máis destacable é que en seis dias e cunha gran afluencia de xente, non se produciron incidencias graves. “Sabemos que as festas causan tamén inconvenientes á veciñanza polo ruído e os problemas de circulación polos que pedimos desculpas e polos que traballamos para que sexan os mínimos posibles”, recoñeceu o alcalde. “Nestas festas priorizamos a seguridade e contamos cun Posto de Mando Avanzado mediante o que se visualizou en tempo real o que acontecía nos distintos espazos”.
Outro dos puntos que resaltou o alcalde foi a planificación da verbena do último día “para o que se adoptaron medidas previas que comezaron semanas antes como habilitar espazos de aparcamento periféricos para desconxestionar o centro urbano, pechar o aparcamento da Praza de Galicia e reforzar a mesma pois prevíase un peso superior ao doutros anos e outros dias da festa”.
Durante a intervención o mandatario agradeceu tamén “o esforzo dos distintos departamentos do Concello que se multiplicaron a prol da seguridade, da limpeza, do orde… eles foron parte de este éxito colectivo das Festas do Verán que ocupan un lugar preferente no calendario galego”.
O alcalde lamentou “a intención de determinadas persoas que trataron de facer fracasar as Festas do Verán alarmando á poboación con falsedades e que non buscaban o ben colectivo senón o beneficio propio. Os boirenses obviaron os seus bulos e desfrutaron dun feche festivo histórico”.
Escrito por Líder Redacción




2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)