AD

Sucesos

Ferido grave ao sufrir un accidente cunha máquina en Teo

today11 julio, 2026

Fondo
share close
AD

Un home tivo que ser evacuado este sábado nun helicóptero medicalizado tras sufrir un grave accidente cunha máquina nunha finca da súa propiedade situada no lugar das Laxes, na parroquia de Cacheiras, no concello coruñés de Teo.

Segundo informou o 112 Galicia, foi o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 o que, arredor das 11:30 horas, comunicou a mobilización dun helicóptero medicalizado debido á gravidade das lesións que presentaba o ferido.

Tras recibir o aviso, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia activou o operativo e informou do suceso á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Teo, que se desprazaron ao lugar para colaborar na intervención.

Polo momento non transcenderon máis datos sobre o estado da vítima nin sobre as circunstancias concretas nas que se produciu o accidente.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *