Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today10 julio, 2026
• José Antonio Constela destacou que “é incomprensible que un enclave de tanta importancia para entender a historia medieval da cidade siga sen unha aposta decidida. Este espazo non só representa unha peza fundamental do pasado da capital de Galicia, senón tamén unha oportunidade cultural, educativa e turística que está claramente desaproveitada polos nacionalistas”.
O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamoulle ao goberno de BNG e CA que “poña en marcha as medidas necesarias para impulsar e dar o protagonismo que merece ao Castelo da Rocha Forte, un espazo patrimonial de enorme relevancia histórica, que non contar coa atención suficiente por parte do goberno nacionalista”.
José Antonio Constela destacou que “resulta incomprensible que un enclave de tanta importancia para entender a historia medieval de Santiago siga sen unha aposta firme e decidida. Este espazo non só representa unha peza fundamental do pasado da capital de Galicia, senón tamén unha oportunidade cultural, educativa e turística que está claramente desaproveitada”.
“Nos últimos anos realizáronse actuacións puntuais -agregou- que permitiron avanzar na recuperación do xacemento e na súa divulgación, pero estas iniciativas resultan claramente insuficientes para desenvolver todo o potencial do espazo. A falta de continuidade, planificación e ambición política impide a posta en valor deste patrimonio”.
Constenla defendeu que “é imprescindible manter e reforzar as campañas de escavación arqueolóxica, garantindo recursos estables e unha planificación a medio e longo prazo que permita seguir descubrindo, estudando e protexendo o castelo. Sen investimento nin continuidade, o risco é que este importante patrimonio quede estancado no abandono institucional”.
O popular subliña que “resulta fundamental ampliar as actividades divulgativas arredor do xacemento, especialmente aquelas orientadas a centros educativos, asociacións veciñais e colectivos sociais, para achegar a historia local á cidadanía e fomentar o respecto pola conservación do patrimonio común”.
Así mesmo, explicou que tamén “é necesario crear un centro de interpretación na contorna da Rocha Forte, o que sería unha infraestrutura necesaria para ofrecer un espazo permanente de recepción de visitantes, contextualización histórica e desenvolvemento de programas culturais e educativos durante todo o ano”,
“Nós propoñemos -destacou- abrir novas vías de colaboración con outras administracións, coa Universidade de Santiago e con entidades especializadas que permitan fortalecer tanto a investigación como a conservación e difusión deste enclave singular”.
Finalmente, José Antonio Constenla reclamou que “o Castelo da Rocha Forte pase a formar parte real das estratexias turísticas e culturais do Concello, apostando por un modelo sostible, respectuoso e capaz de converter este patrimonio nun verdadeiro motor cultural para a cidade”.
“Santiago non pode seguir dándolle as costas a un dos seus elementos históricos máis valiosos e esixen ao Goberno local unha implicación real para garantir que a Rocha Forte deixe de ser unha oportunidade perdida e pase a ocupar o lugar que lle corresponde dentro da memoria e da proxección cultural do municipio”, concluío.
Escrito por Líder Redacción




2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)