AD

Actualidad

O PP reclama un dispositivo especial ante a vaga de roubos en vehículos en Santiago

today22 julio, 2026

Fondo
share close
AD

 

José Ramón de la Fuente pide reforzar a presenza policial nas zonas máis afectadas, identificar os puntos de maior incidencia e informar á cidadanía para previr novos roubos.

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, reclama ao Goberno municipal que reaccione ante a vaga de roubos no interior de vehículos que está a afectar á cidade e que acumula xa decenas de persoas prexudicadas.

O concelleiro popular José Ramón de la Fuente considera necesario poñer en marcha un dispositivo especial de vixilancia e prevención, reforzando a presenza da Policía Local nas zonas máis afectadas e intensificando a coordinación coa Policía Nacional.

“Non se trata de xerar alarma, senón de recoñecer o problema e actuar antes de que siga medrando. Negar ou minimizar o que está acontecendo non protexe os veciños”, sinala De la Fuente.

O edil popular reclama que se identifiquen os aparcadoiros e rúas nos que se concentra un maior número de roubos para reforzar neles a vixilancia e revisar as condicións de iluminación e seguridade. Tamén pide que o Concello informe á cidadanía sobre as medidas de prevención recomendadas.

De la Fuente insiste en que a seguridade require “anticipación, coordinación e presenza na rúa” e lembra que o Partido Popular leva tempo advertindo do incremento da preocupación cidadá por esta cuestión en distintos puntos de Santiago.

“O Goberno municipal non pode limitarse a esperar a que o problema desapareza. Debe exercer as súas competencias, colaborar co resto das forzas de seguridade e ofrecer unha resposta clara ás persoas afectadas”, conclúe.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *