AD

Comarca

José Manuel Dacosta e Isolina Martínez, pregoeiros do Ames en Festas 2026

today24 julio, 2026

Fondo
share close
AD

Nesta edición do programa de festexos, no que xa se apostou pola continuidade de ofrecer servizos para que as persoas con discapacidade poidan gozar das festas do mellor xeito posible, os pregoeiros das festas manterán a esencia popular do ‘Ames en Festas 2026’

Isolina Martínez: “Estas festas sempre foron moi boas. Os Satélites, Pucho Boedo… sempre pasaron por aquí os mellores artistas”

Ames, 24 de xullo de 2026 – O ‘Ames en Festas 2026’ conta xa os días para poñer comezo ás 10 xornadas de troula e música que se vivirán no Milladoiro, do venres 31 ao martes 4, coas súas festas da Madalena, e en Bertamiráns, do mércores 5 ao domingo 9 de agosto, coas da Peregrina. Este ano volverá a haber dous pregóns un inicial, no Milladoiro, que estará a cargo do presidente do SD Milladoiro, José Manuel Dacosta, e outro de peche en Bertamiráns, ofrecido por Isolina Martínez, a mestra filloeira de Ames.

O ‘Ames en Festas 2026’ está a piques de comezar e, unha vez máis, encadeará 10 días seguidos de festa e troula nos dous principais núcleos poboacionais do concello, O Milladoiro e Bertamiráns. Nesta edición do programa de festexos, no que xa se apostou pola continuidade de ofrecer servizos para que as persoas con discapacidade poidan gozar das festas do mellor xeito posible, os pregoeiros das festas manterán a esencia popular do ‘Ames en Festas 2026’.

Deste xeito, o encargado de realizar o pregón inicial das festas da Madalena, no Milladoiro, será José Manuel Dacosta, o presidente do SD Milladoiro, club que esta tempada logrou un fito histórico tras lograr o título de liga cos dous equipos xuvenís, conseguindo os ascensos á Liga Galega (o Xuvenil A) e á Segunda Futgal (o Xuvenil B). Fitos que deron continuidade á boa liña que está a levar o club e que complementaron o ascenso do equipo sénior á Segunda Futgal na tempada 2024/2025.

No caso de Bertamiráns, o pregón dae peche das festas da Peregrina correrá a cargo de Isolina Martínez, a mestra filloeira de Ames. Isolina, de 87 anos e con experiencia na pequena pantalla ao ensinarlle a un chef de Canal Cocina a facer as sobremesas típicas do entroido, dará o discurso de peche das festas de Bertamiráns, unhas escolla que pon en valor a aposta pola esencia popular que envolve o ‘Ames en Festas’. A pregoeira mostrouse moi contenta por dar o pregón “dunhas festas que sempre foron moi boas. Os Satélites, Pucho Boedo… sempre pasaron por aquí os mellores artistas”.

Ames en Festas 2026

Os dous núcleos principais de Ames, O Milladoiro e Bertamiráns, volven a celebrar un ano máis as súas festas da Madalena e da Peregrina de xeito conxunto, nunha programación que encadea 10 días seguidos de troula dende o venres 31 de xullo ata o domingo 9 de agosto. “Ames en Festas” é o nome deste cartel, no que este ano colaboran o Concello de Ames, a Asociación de Festas do Milladoiro e a Comisión de Festas de Bertamiráns.

Deste xeito, ao longo destas 10 xornadas festivas, haberá propostas musicais para todos os públicos e gustos, nos que actuarán as mellores orquestras da verbena galega pero tamén haberá oco para os artistas e grupos emerxentes ou o pop e rock, entre outros xéneros musicais, en galego.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *