Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Ames, 31 de xullo de 2026 – Un equipo de técnicos de Enmacosa Consultoría Técnica inspecciona dende onte a montaxe e probas de funcionamento das 12 atraccións de feira instaladas na localidade de Milladoiro para a celebración das Festas da Madalena que comezan hoxe, 31 de xullo de 2026.
oncello de Ames contratou a Enmacosa para a realización destes controis técnicos para incrementar as garantías de seguridade nestas instalacións, cumprindo así coa Lei de Espectáculos de Galicia.
Enmacosa Consultoría Técnica conta con máis de 20 anos de experiencia neste tipo de exames e segue un protocolo específico de inspección de cada instalación. Os técnicos comproban que as atraccións non conten con aristas que poidan resultar cortantes, así como ocos ou desniveis sen protección, puntos importantes de corrosión ou deficiencias relevantes nos cordóns de soldadura das instalacións, e que as bancadas e apoios estean correctamente nivelados e asentados.ç
Analízanse tamén outros requisitos relacionados coa seguridade do público e da contorna, como a dotación de extintores ou as posibilidades de colisión ou solapamento entre os percorridos das atraccións e entre estas e os tendidos eléctricos, edificios lindeiros, farois ou mobiliario urbano en xeral.
Respecto da estabilidade estrutural, o equipo técnico controla que os carteis, focos ou carcasas decorativas conten con garantías de solidez, así como que todo tipo de cordas, arneses, tensores e demais elementos de seguridade similares presenten un estado de conservación perfecto e estean homologados para o seu uso. De feito, non se permiten cintos de seguridade gastados ou que xeren folguras, nin tampouco peches que dependan unicamente dun circuíto eléctrico, hidráulico ou pneumático e que, ante unha perda de presión ou un corte no subministro, poidan afrouxarse co peso ou o empuxe dunha persoa.
Todas as revisións realízanse, na súa maior parte, mediante unha inspección visual das condicións da montaxe, do estado de conservación da instalación e do mantemento dos materiais, sen entrar a valorar termos relativos ao deseño do aparato, que serían obxecto da correspondente homologación. Os controis non analizan o estado das tensións internas de calquera eixe ou compoñente mecánico, nin tampouco as condicións de funcionamento dos mecanismos ocultos, os cales deberían ser obxecto dunha análise máis exhaustiva nunha instalación fixa, con maquinaria axeitada e co tempo necesario, é dicir, cunha inspección técnica regular similar á ITV dos vehículos, que na actualidade non reviste carácter obrigatorio para estas instalacións.
O traballo complétase finalmente cunha revisión do estado das instalacións eléctricas e do seu correcto funcionamento, incluíndo probas e ensaios de seguridade. Unha vez en funcionamento as atraccións deberán mostrar en lugares claramente visibles carteis con recomendacións de interese que detallen especificamente os riscos e, de ser o caso, as limitacións de idade e altura.
A compañía conta con equipos multidisciplinares para desenvolver estas funcións, compostos por técnicos especialistas en estruturas, compoñentes mecánicos, aplicacións informáticas de control e en instalacións eléctricas, electromagnéticas, hidráulicas e pneumáticas.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)