Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 agosto, 2026
A portavoz do Goberno, Míriam Louzao, deu conta da aprobación das axudas correspondentes ás convocatorias por concorrencia da área de Acción Cultural que inclúen, por unha banda, axudas a asociacións culturais e, por outra, ao sector profesional.
Na convocatoria correspondente á realización de actividades culturais por parte das empresas profesionais. do Concello de Santiago establécese un importe máximo da subvención para cada actividade dun 80 % do seu orzamento cun límite máximo de 45.000 € para a modalidade B (festivais de música e artes escénicas) e de 15.000 € para a modalidade B (resto de supostos). Consideraranse festivais aquelas programacións que, baixo o mesmo nome ou marca, leven celebrado un mínimo de 3 edicións nos dez anos anteriores a esta convocatoria, que conten cunha programación superior ás 10 actividades e que a súa duración total no tempo sexa dun mínimo de 3 días e que non supere os 15 días consecutivos.
Nesta modalidade, foron aprobadas 11 solicitudes; Correveydile (45.000€), Carmen Domech Martínez (14.400€), Jorge Manuel Rey Rivas (30.000€), Magia en la Manga S Coop Galega (15.000€), Fundación Dardo Instituto do Deseño e das Artes (15.000€), José Antonio Coucheiro Faílde (20.160€), Music Arte Rey Saavedra SC (5.000€), Noente Paradise SL (12.336€), Holanola Fest, S.L. (5.000€), Fundación Santa María La Real (15.000€), e Riquela Music S.L. (9.550€).
Na convocatoria destinada a asociacións culturais inscritas no Rexistro municipal de asociación, aprobáronse 8 solicitudes que corresponden ás seguintes entidades: Asociación Cultural Barriga Verde (5.000€), Federación Galega de Bandas de Música Populares (5.000€), Asociación Folclórica Colexiata do Sar (4.000€), Asociación Cultural Musical de Antigos Tunos Compostelanos (5.000€), Asociación Merenda Creativa (5.000€), Asociación Cultural Foliadas na Cidade (1.958,40€), Nova Escola Galega (5.000€) e Asociación Medioambiental e Cultural A pedra que fala (1.254,40€).
Neste caso, o importe máximo da subvención para cada actividade é do 80 % do seu orzamento cun límite máximo de 5.000 €.
En canto a convenios, aprobáronse 14 con diferentes entidades por un importe total de 210.000 euros:
Convenio de colaboración coa USC para o programa “Verán CampUSC 2026”: 9.000 euros
Convenio coa Asociación Solidariedade Galega para o financiamento do programa “Vacacións en Paz 2026”: 8.000 euros
Convenio co Instituto de Educación Secundaria Rosalía de Castro para o Bacharelato Internacional: 6.208 euros
Convenio coa USC para o Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo 2026: 2.000 euros
Convenio coa Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual (ASPAS) para o desenvolvemento do programa «Respiro familiar e/ou emerxencia familiar», correspondente ao exercicio 2026: 6.000,00 €
Convenio coa Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA), para o desenvolvemento do Programa «1. Activa Mente 2. Corpo Activo»: 21.150,00 €
Convenio coa Asociación para a Promoción Social e Inserción Laboral Plataforma polo Emprego: 21.000€ Terceiro
Convenio coa Coordinadora Galega de Organizacións non Gubernamentais para o Desenvolvemento: 19.000 €
Asociación Cultural Rocha Forte:5.000 euros
Cursos universitarios internacionais de “Musica en Compostela”: 5.000 euros
Ateneo de Santiago: 20.000 euros
Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque: 20.000 euros
Asociación Cultural Cidade Vella: 20.000 euros
Performa Sociedade Cooperativa Galega, para a celebración do Festival Plataforma de artes performativas: 45.000 euros
Outros asuntos
Na mesma sesión tamén se aprobou a prórroga do contrato do “Servizo de Xerencia do Plan de Desenvolvemento Turismo Sustentable” por un prazo de 4 meses, que abranguen desde o 1 de setembro ao 31 de decembro de 2026, por un importe de 27.427 euros. Este servizo está sendo realizado pola empresa “Estrategia y Organización SA” e a prórroga estímase necesaria para garantir a continuidade técnica que permita culminar as actuacións previstas, evitar disfuncións na súa execución e asegurar a correcta aplicación e xustificación dos fondos recibidos da Secretaría de Estado de Turismo, da Axencia de Turismo de Galicia e do propio Concello de Santiago de Compostela.
Tamén se aprobou a autorización da ampliación do prazo do contrato de Servizo para a redacción de proxectos construtivos para a ampliación e rehabilitación das redes municipais do ciclo integral da auga nas parroquias de Sabugueira, A Peregrina e San Xoán de Fecha, concretamente co correspondente ao Lote II: rehabilitación do colector xeral de saneamento na parroquia de Sabugueira adxudicado á empresa PROYFE, SL. polo prazo de dous meses e medio.
A ampliación deste prazo é necesaria posto que para a redacción do proxecto é imprescindible revisar e inspeccionar previamente as condicións en que se atopa a rede de saneamento que se vai rehabilitar e detectouse un tramo na parroquia da Sabugueira que debido a entradas de auga elevadas, posiblemente por problemas de infiltración, retrasou este traballo previo de inspección e revisión.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)