AD

Comarca

Padrón declara dous días de loito oficial polo falecemento da concelleira Ana Belén Castro García

today5 agosto, 2026

Fondo
share close
AD

O Concello de Padrón lamenta profundamente o falecemento de Ana Belén Castro García, concelleira do Goberno municipal desde o ano 2023.

Como mostra de respecto, recoñecemento e homenaxe á súa figura, o Goberno local decretou dous días de loito oficial.

O alcalde, Anxo Arca, expresou o pesar de toda a Corporación municipal e destacou o firme compromiso de Ana Castro co servizo público e coa veciñanza de Padrón:

«Padrón perde unha servidora pública enormemente comprometida co noso pobo. Unha concelleira competente que dedicou os últimos anos da súa vida a traballar para mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza, asumindo áreas de gran complexidade. Foi tamén unha persoa boa, xenerosa e sempre disposta a axudar aos demais.»

O rexedor engadiu que o Goberno municipal continuará traballando na senda de progreso iniciada durante este mandato, mantendo vivo o legado e a memoria de Ana Castro, convencidos de que ese era tamén o seu desexo.

A capela ardente está instalada no Tanatorio de Padrón. O funeral celebrarase o venres na parroquia de Bamio e, posteriormente, terá lugar a incineración na máis estrita intimidade familiar.

Respectando a vontade expresada por Ana Castro, non se admitirán flores. As persoas que desexen renderlle homenaxe poderán destinar ese importe a un donativo para a investigación contra o cancro, cumprindo así o seu desexo.

O Concello de Padrón traslada o seu máis sentido pésame á súa familia, amizades e persoas achegadas, compartindo con elas a dor por esta irreparable perda e agradecendo a dedicación, o compromiso e o servizo que Ana Belén Castro García prestou ao municipio.

 

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *