AD

Sucesos

Evacuada en helicóptero unha persoa tras caer dun cabalo en Lousame

today5 agosto, 2026

Fondo
share close
AD

Unha persoa resultou ferida na tarde deste martes tras caer dun cabalo na parroquia de Tállara, no municipio de Lousame.

O accidente produciuse poucos minutos despois das 17:30 horas nunha zona con abundante vexetación.

Foi un particular quen deu a voz de alarma ao 112 Galicia, indicando que a vítima precisaba asistencia tras a caída.

O centro de emerxencias mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, o GES de Noia e Protección Civil de Lousame.

Ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que trasladou á persoa, consciente, ao hospital de referencia.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *