Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Unha muller resultou ferida con queimaduras nun incendio rexistrado durante a madrugada deste domingo nunha vivenda situada na Praza de Macías, en Padrón. O lume comezou poucos minutos despois das 2.30 horas no ático do inmoble, segundo as chamadas de alerta recibidas polo 112 Galicia.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil, Bombeiros de Boiro e GES de Padrón, ademais da Policía Local. Os servizos de emerxencia atenderon a muller afectada, aínda que polo momento non transcenderon detalles sobre a gravidade das súas lesións.
As lapas provocaron importantes danos nunha das estancias, cun cuarto completamente calcinado, mentres que o fume afectou ao resto da vivenda. Os equipos de emerxencia traballaron durante a madrugada na extinción do incendio, cuxas causas aínda se descoñecen.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)