Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today13 agosto, 2026
O IV Torneo Solidario Interparroquial celebrado o 27 de xuño en Vista Alegre logrou recadar 9.885 euros en beneficio de ASANOG, a Asociación de Cáncer Infantil e Xuvenil de Galicia. O concelleiro, Marcos Fajardo, participou no acto de entrega xunto con Lara Buig e Marga Hermo, da organización; e Fran Allo e José de Jesús, de ASANOG.
Trátase dunha xornada de deporte e solidariedade na que participa a hostalaría local e equipos de cada unha das parroquias. “Comezamos esta andaina fai catro anos e levamos recadados xa mais de 40.000 euros que contribúen a que ASANOG poidan desenvolver a súa actividade”, recoñeceron dende a organización, que agradeceron a todas as empresas e persoas que contribúen a que sexa posible levar a cabo esta iniciativa solidaria.
ASANOG é unha entidade que presta apoio económico, psicolóxico e de acompañamento a familias de nenos e nenas con cancro. Por parte da entidade agradeceron a implicación da organización, a administración local, as empresas colaboradoras e a veciñanza porque “cuando un pueblo se une surgen cosas tan bonitas como esta”.
Pola súa parte, o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, agradeceu a toda a organización que fixo posible a recadación para ASANOG. “Dende o Concello de Boiro imos estar sempre ao lado de iniciativas como esta que implica a toda a sociedade boirense nunha tarde de deporte, fútbol, diversión e que colabora cunha boa causa”.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)