Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Unha peregrina tivo que ser evacuada a un centro hospitalario tras sufrir unha caída nas proximidades do Santiaguiño do Monte, en Padrón. O suceso rexistrouse na noite deste martes, cando a muller se atopaba nunha zona próxima á ermida.
Ao parecer, a peregrina estaba sentada nun valado cando perdeu o equilibrio e caeu cara atrás por un terraplén duns cinco ou seis metros de altura.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil e do GES de Padrón, que se encargaron das tarefas de rescate da muller debido ás características do punto no que se produciu a caída. No operativo tamén participou a Policía Local.
Os feitos tiveron lugar arredor das 21.00 horas. Tras ser rescatada e recibir unha primeira atención, a peregrina foi trasladada ao hospital para ser atendida das lesións sufridas como consecuencia da caída.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)