AD

Comarca

O Pino e a Xunta asinan o convenio para construír o novo local social de San Mamede de Ferreiros

today26 agosto, 2026

Fondo
share close
AD

• Manuel Taboada agradeceulle ao conselleiro a aportación de 150.000 euros para as obras, aos que o Concello engadirá outros cen mil euros

• José López Campos destaca o traballo da Xunta “para garantir o acceso á cultura de todos os galegos e galegas»

• O edificio de 150 metros cadrados construirase xunto ao palco do campo da festa, contará cun soportal cuberto de 50 metros e estará rematado o primeiro semestre do ano que vén

O Pino. 26-8-2026.- O alcalde do Pino, Manuel Taboada, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos asinaron esta mañá no salón de plenos o convenio para construír o novo local social de San Mamede de Ferreiros de 150 metros cadrados e cun orzamento de 249.985,43 euros. En base a este convenio, o Concello aportará case cen mil euros e Goberno 150.000 euros para dotar ao municipio dun novo espazo para actividades culturais, sociais, formativas e comunitarias.

Manuel Taboada adiantou que “nos vindeiros días o Concello sacará a licitación a construción deste edificio, coa intención de que as obras poidan comezar o antes posible e rematar durante o primeiro semestre do vindeiro ano”. O alcalde tamén lle agradeceu ao conselleiro a implicación da Xunta para facer realidade este proxecto, “que nos permitirá achegar dende o Concello máis servizos á veciñanza de San Mamede de Ferreiros”.

O proxecto para o novo local social contempla un edificio dun so andar polivalente, de 150 metros cadrados de superficie. Compleméntase cun soportal cuberto na parte traseira de arredor de 50 metros cadrados, que se concibe como unha ampliación funcional do espazo interior, permitindo a súa utilización en diferentes condicións climáticas e forzando a relación coa contorna.

O novo local social de San Mamede de Ferreiros construirase no campo da festa da parroquia, ao carón do actual palco da música. O orzamento estimado para a súa construción é de 249.985,43 euros.

Tras a sinatura do convenio, ao que asistiron a maioría de concelleiros do grupo de gobenro popular do Pino, o conselleiro López Campos destacou “o compromiso e o traballo feito pola Xunta de Galicia para garantir o acceso á cultura de todos os galegos e galegas, con independencia das súas condicións sociais, demográficas ou económicas”, en liña cos obxectivos da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia. “Un bo exemplo deste labor son estas novas instalacións que imos poñer en marcha no municipio co fin de mitigar a dispersión xeográfica, favorecer o asentamento de poboación xuvenil e dar cabida ao crecente tecido asociativo”, afirmou o conselleiro.

López Campos fixo fincapé na importancia destes equipamentos “que dinamizan as nosas cidades e as nosas vilas, creando comunidade e garantindo o acceso da sociedade ao coñecemento”. No caso desta localidade, dada a súa condición como paso clave do Camiño Francés, esta actuación responde tamén á necesidade estrutural de crear puntos de interpretación e difusión cultural onde convivan o patrimonio local do Pino co fluxo de peregrinos.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *