Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
O Concello lembra que os refugallos deben depositarse no interior das instalacións durante o horario de apertura e pide responsabilidade para manter limpos os espazos públicos
O Concello de Boqueixón fixo un chamamento á responsabilidade cidadá tras detectar a presenza de residuos, mobles e outros obxectos abandonados no exterior dos colectores do Punto Limpo.
Baixo a mensaxe «Así non!», o goberno municipal amosou o seu rexeitamento ante unha práctica que considera que non se pode normalizar e pediu á veciñanza que respecte as normas establecidas para a correcta xestión e reciclaxe dos residuos.
O Concello insiste en que os refugallos non deben quedar depositados no exterior das instalacións cando estas se atopan pechadas. As persoas usuarias deben agardar á apertura e deixar cada material no espazo habilitado para a súa recollida.
O Punto Limpo de Boqueixón, situado no Polígono Industrial de Sergude, abre os mércores de 16.00 a 20.00 horas e os sábados de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, segundo a información municipal.
O municipio conta tamén cun Punto Limpo Móbil, creado para achegar ás parroquias a recollida selectiva de determinados residuos domésticos. Entre os materiais admitidos figuran aceites domésticos, pilas e baterías, tubos fluorescentes, roupa, pequenos aparellos eléctricos e electrónicos ou determinados envases. O Concello dispón, ademais, doutros servizos para residuos como os mobles e voluminosos.
Desde o Concello apelan ao civismo e á responsabilidade colectiva para evitar que este tipo de comportamentos se repitan e lembran que manter limpos e coidados os espazos públicos é unha tarefa compartida por toda a veciñanza.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)