AD

Actualidad

A Baña abre unha canle de wahtsapp para potenciar a comunicación coa veciñanza

today15 diciembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • As persoas usuarias recibirán en tempo real e por orde cronolóxica todas as mensaxes municipais
  • O servizo é completamente gratuíto e anónimo; nin administradores nin o resto de usuarios poderán ver os datos dos seguidores
  • “Apostamos polas posibilidades das novas tecnoloxías para achegarlle a actualidade municipal ao maior número de persoas”, subliña o concelleiro Álvaro Silva

A Baña. 15-12-2023.- O Concello da Baña reforza a comunicación coa veciñanza incorporando á súa oferta informativa unha canle de whatsapp na que se compartirán comunicacións de interese como novas, datas e prazos de trámites municipais, a axenda cultural ou mesmo avisos.
Esta información, que o Concello xa vén proporcionando a través da web municipal e os perfís oficiais de Facebook e Instagram, poderá chegar así ao maior número de persoas e, pensando nos maiores, o obxectivo do Concello é achegarlla sobre todo a aquelas con máis dificultades para manexarse no mundo virtual. Outra gran vantaxe da canle de wathsapp é que as persoas usuarias reciban todas as comunicacións e, ademais, por orde cronolóxica.
Para facer uso deste novo servizo, o único que teñen que facer as persoas interesadas é entrar na canle de whatsapp do Concello da Baña premendo nesta ligazón. Unha vez dentro, terán que darlle a ‘Seguir’ na parte superior da pantalla do móbil e é importante tamén que activen as notificacións (na campaíña) para que whatsapp mande avisos cada vez que o Concello da Baña faga unha nova publicación e poder así estar informados en tempo real de todo o que aconteza.

“Esta canle de whatsapp supón dar un paso máis de cara a potenciar a comunicación entre o Concello e a veciñanza apostando polas posibilidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías”, subliña Álvaro Silva, concelleiro de Contas, comunicación e novas tecnoloxías, quen incide tamén en que o novo servizo “permitirános achegarlle a actividade municipal ao maior número de persoas dun xeito máis áxil e eficaz”.

Silva explica que o novo servizo da popular aplicación de mensaxería instantánea salvagarda o anonimato das persoas usuarias. As mensaxes están cifradas e os datos e o número de teléfono das persoas que se subscriban non son visibles nin para os demais usuarios nin para os administradores.

Así mesmo, as persoas usuarias non poderán escribir nin facer comentarios, aínda que si poden reaccionar e compartir as publicacións, e poden darse de baixa no servizo en calquera momento.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%