AD

Actualidad

A Banda Municipal de Música de Santiago arranca tempada da man do director Casiano Mouriño

today2 octubre, 2024

Fondo
share close
AD
Cartaz da tempada

02/10/2024 ‘Paseos’ é o título da nova tempada de concertos da Banda de Música Municipal de Santiago que arrancará este domingo, 6 de outubro, e se estenderá ata o próximo mes de decembro no Teatro Principal e no Auditorio de Galicia. Este primeiro ciclo de 13 concertos comenzará este domingo ás 12 horas coa proposta «De Fonseca ao Burgo das Nacións», unha colaboración da BMSC con ExperimentaDanza.

A concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao, acompañada polo director da BMSC, Casiano Mouriño, presentaron esta mañá a programación do primeiro ciclo da nova tempada 2024-2025 da Banda Municipal de Santiago, que baixo o título ‘Paseos’ ofrecerá un total de trece concertos ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro.

A concelleira de Capital Cultural convidou ao público a participar neste «paseo imaxinario co que cada semana percorreremos rúas, prazas e espazos emblemáticos da nosa Compostela, a través da música, sempre tan presente na historia da nosa cidade». Do programa, Míriam Louzao quixo destacar as colaboracións da Banda con outras entidades como foi a caso da súa participación no concerto do proxecto Sensoxenoma 2024 e a volta esta tempada dos concertos nas residencias de maiores «unha iniciativa moi celebrada» e unha «forma de construír unha Compostela mellor, boa de vivir».

Este primeiro ciclo inaugurarase o vindeiro domingo 6 de outubro ás 12 horas no Auditorio de Galicia coa proposta «De Fonseca ao Burgo das Nacións», en colaboración con ExperimentaDanza, baixo a dirección de Carlota Pérez. Continuará ao longo do mes de outubro, cos paseos «Da Porta do Camiño ao Arco de Palacio», o domingo 13. A Banda ofrecerá unha serie de concertos baixo o título «Un paseo cos nosos maiores», que levará a música o mércores 16 á residencia Volta do Castro; o xoves 17; á residencia do Castiñeiriño; e o venres 18 á residencia José Otero-Carmela Martínez. O domingo 27 de outubro no Teatro Principal continuará o paseo «De Porta Faxeira á Quintana» coa participación da bailaora Tania Suarez Rey e a cantaora Sandra Calderón

No mes de novembro, cos Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, a Banda ofrecerá o domingo 10 no Auditorio de Galicia «Do paseo da Alameda a Cervantes» coa soprano: Esperanza Mara e o tenor: Eduardo Sandoval, e continuará con varias colaboracións: «Da Praza do Toural ás Praterías» coa Academia Galega do Audiovisual, o domingo 17, coicidindo con CINEUROPA; e os dous concertos didácticos «PEDRO E O LOBO» dedicados á cativada, realizados con Fantoches BAJ, o xoves 28 e o venres 29 no Auditorio de Galicia.

O mes de decembro traerá tres propostas da BMSC: «Do paseo da Ferradura ao Obradoiro», o domingo 1, con Fantoches BAJ; «Da Porta de Mazarelos a San Francisco», o domingo 15, co director convidado Marcel van Bree; e «De Bonaval ao Parque de Galeras», o domingo 21, no marco da Festa do Apego en colaboración con Pista Catro.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%