Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today3 enero, 2024
Ames, 3 de xaneiro de 2024.- O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, organiza este domingo 7 de xaneiro un concerto de Reis, no que participarán diversas agrupacións corais de Ames. Este recital, que se enmarca na programación municipal de Nadal, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ás 19:00 horas. Os convites xa se poden descargar na Billeteira electrónica do Concello . A entrada será de balde, ata completar aforo.
O programa de actividades de Nadal do Concello de Ames péchase este domingo, 7 de xaneiro, co último dos concertos organizados desde o departamento de Cultura nestas datas festivas. Trátase dun recital que contará coa participación de varias agrupacións corais, todas elas do Concello de Ames.
O evento abrirao a Coral Lojo Batalla, que interpretará Meniño mariñeiro (de Francisco Rey Rivero), Velo que bonito (de Alejandro Zuleta) e Vento do Norte (de Nando Agüeros). Este coro, formado por 15 voces, fai principalmente música relixiosa e colabora nas misas celebradas noutros concellos, ademais de participar tamén na que se emite os domingos na RTVG.
Pola súa banda, a Coral de Piñeiro e Ames cantará Camina Ligero, Manolito Chiquito, Aguinaldo de Ano Novo e Canto de Reis. Esta agrupación naceu no 2002, co obxectivo de dinamizar as eucaristías, tanto dominicais como festivas, das parroquias dos seus integrantes.
Posteriormente subirá ao escenario o Coro Son Elas, que interpretará as pezas Siyahamba, Verde Mar, I will follow him, Amovolovolo e Catro vellos mariñeiros. Formado integramente por mulleres, leva máis de seis anos colaborando e traballando para diversos concellos, entidades e asociacións, así como para programas de televisión, actuando nas súas programacións culturais e de Igualdade. Ademais, tamén desenvolvenconcertos didáctico-musicais nos centros de ensino para achegar a música á mocidade.
Por último, a Coral Polifónica de Bugallido cantará O neno durmía (de Paz Valverde9, El león duerme esta noche (arranxo de Jeff Funk) e Preferisco il Paradiso (de Marco Frisina). Esta polifónica, formada por 30 voces, colaborou na gravación do álbum “Corais do Camiño” xunto con outras oito corais de toda Galicia. O pasado mes de xullo recibiu a Medalla do Concello de Ames, outorgada pola corporación municipal.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)