AD

Comarca

A Deputación mantén o seu compromiso coa Festa do Queixo cun investimento de 120.000 euros

today20 octubre, 2025

Fondo
share close
AD

Arzúa, 20 de outubro de 2025.- A Deputación da Coruña e o Concello de Arzúa veñen de asinar o convenio de colaboración correspondente á 50ª edición da Festa do Queixo, celebrada o pasado mes de marzo, cun investimento provincial de 120.000 euros. A achega mantén así o reforzo iniciado o ano anterior, multiplicando por catro o apoio económico da Deputación respecto aos exercicios previos.

O acordo foi asinado polo vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, e permitiu apoiar todas as fases de produción da pasada edición da festa: desde a promoción e difusión ata a instalación das infraestruturas e a organización dos stands e actividades complementarias.

“Queremos agradecer á Deputación da Coruña, e especialmente ao vicepresidente Xosé Regueira, o seu compromiso coa Festa do Queixo, un evento que é xa un emblema de Galiza e unha das principais ferramentas de promoción económica, cultural e turística do noso Concello”, sinalou o alcalde, Xoán Xesús Carril.

Preparativos da 51ª edición

O Concello de Arzúa está a traballar xa nos preparativos da 51ª edición da Festa do Queixo, que terá lugar os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo de 2026.

O Goberno local avanza na planificación dun novo programa que combine tradición, innovación e participación veciñal, co obxectivo de seguir fortalecendo un evento que é referente cultural e económico en toda Galiza.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *