Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 junio, 2025
A Estrada, 4 de xuño de 2025.- Arredor de 200 deportistas participarán este sábado, 7 de xuño, na sétima edición da Gala Infantil de Kyus, unha cita de judo base na que os asistentes optarán ao cambio de grao como broche da tempada. A gala abrangue participantes dende os 3 anos ata a categoría alevín. Ademais, aproveitando a montaxe que se efectuará no pavillón Coto Ferreiro da Estrada realizaranse tamén os exames de cintos de deportistas pertencentes a categorías superiores á indicada.
A gala, que arrancará ás 10.00 horas, concíbese como unha cerimonia de fin de curso onde os judokas realizan un exhibición baseada na metodoloxía progresiva do club, dividida por niveis, na cal cada nivel corresponde a un grado completo ou dous medios grados. Deste xeito, durante as exhibicións demostraranse as habilidades técnicas adquiridas durante o curso, que lles valerán aos deportistas para subir de nivel e cambiar a cor que lucirán no seu cinto.
A demostración faise por parellas, nun intento por respectar as orixes deste deporte pero cun enfoque máis informal e moderno. Artéllanse en dúas saídas: a primeira para demostrar as habilidades en judo chan e, a segunda, para as referentes a judo pé.
O evento dividirase en 6 tatamis de 6×6 metros, de xeito que aproximadamente 17 parellas realizarán a súa exhibición sobre cada tatami. Cada unha das parellas realizará dúas saídas, cunha duración que variará entre 3 e 5 minutos, dependo do nivel. Así, estímase que a exhibición terá unha duración de 2 horas, ás que sumará media hora adicional destinada á presentación ́no, entrega de agradecementos e demostración do equipo técnico do club.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)