Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A Estrada, 8 de abril de 2026.- O Concello da Estrada promocionará os seus sabores e os seus recursos turísticos esta fin de semana no marco da XLIV Exaltación do Viño da Ulla, que se celebrará no veciño municipio de Vedra.
Será o sábado e o domingo na Mostra dos Concellos de Ribeira do Ulla, un apartado incluído na extensa programación deseñada para a ocasión e na que A Estrada terá o seu espazo institucional a carón de Vedra, Boqueixón, Teo, Padrón, Touro, Silleda e Vila de Cruces.
Como xa fixo na edición de 2025, o Concello aproveitará este escaparate para distribuír información sobre o seu patrimonio natural, cultural e gastronómico. A maiores, incluirá nel unha ampla mostra de sabores locais, con expoñentes como a sidra, o aceite, queixo, froitos vermellos, mel, ovos e produtos da horta.
Asemade, na xornada do domingo, e ao fío das 12.30 horas, neste mesmo stand aportará unha degustación gratuíta de 250 tapas. Este ano o Concello contará para este evento coa firma Sala Gradín, que servirá aos presentes chourizos á sidra con pan da Estrada
A Mostra dos Concellos da Ribeira do Ulla estará aberta ao público o sábado, de 18.00 a 22.00 horas, e o domingo de 12.00 a 22.00.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)