Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today29 septiembre, 2025
Persoas usuarias da Aula de Estimulación Cognitiva de Agadea Alzheimer en Vedra e do Programa de Prevención da Dependencia de Boqueixón participaron o pasado venres, 26 de setembro, nun obradoiro impulsado polo GDR Terras de Compostela que tivo como protagonista á recoñecida filloa de Lestedo.
A actividade celebrouse no centro sociocultural de Lestedo, onde as persoas asistentes puideron participar na elaboración das filloas e desfrutar dun showcooking dirixido polo cociñeiro José Manuel Mallón, quen amosou diferentes receitas elaboradas con este produto local.
O encontro culminou cunha degustación do menú preparado para a ocasión:
Filloas con salteado de cabaciña e gambas
Canelóns de filloa recheos de Ternera Gallega
Filloas flambeadas con augardente de herbas da Ulloa e laranxa
No acto estiveron presentes o presidente da Asociación Cultural da Filloa de Lestedo, José Manuel Canabal; María Pereira, coordinadora do Programa de Prevención da Dependencia do Concello de Boqueixón; e Lucía Fandiño, coordinadora dos Servizos de Estimulación Cognitiva de Agadea Alzheimer.
O GDR Terras de Compostela apoiou esta iniciativa, que combina inclusión social e promoción gastronómica, no marco da súa campaña de dinamización turística Terras de Santiago: máis alá de Compostela. A filloa de Lestedo, cuxa exaltación está declarada Festa de Interese Turístico Nacional, volveu ser a gran protagonista.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)