Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, destacou que “este ano centrámonos no coidado da pel xa que é importante coidala durante todo o ano. A pel é o órgano máis grande e ademais o que nos envolve” Ademais, Susana Señorís dixo que “a parte máis importante desta feira é sempre darlle visibilidade ás asociacións que nos acompañan no día a día. Este é un xeito de sacar á rúa o traballo que fan diariamente en distintos ámbitos da saúde, para que a veciñanza o poida coñecer”
A técnica municipal de Promoción da Saúde, Rosana Martínez, explica que “nesta quinta edición da feira da saúde e benestar participan 13 asociacións, das cales moitas delas xa levan compartindo este espazo con nós dende que naceu esta feira no ano 2021. O primeiro ano abordamos a saúde de xeito xeral, pero despois decidimos ter unha temática específica en cada edición: saúde mental, menopausa, hábitos de vida saudable e o coidado da pel”
Ames, 22 de abril de 2026.- O Concello de Ames, a través da Concellería de Promoción da Saúde, presenta unha nova edición da Feira da Saúde e Benestar, que este ano xirará arredor da pel, o órgano que nos envolve. Deste xeito, o sábado 25 de abril, na praza da Maía de Bertamiráns, sucederanse durante todo o día presentacións, charlas, obradoiros e coloquios en relación ao coidado da pel e da saúde en xeral. Nesta edición participarán un total de 13 asociacións cos seus stands para proporcionar información sobre o seu labor a todas aquelas persoas que se acheguen ata a feira. Ademais, o Concello de Ames contará cun stand propio para dar visibilidade ás actividades que se organizan dende o departamento de Promoción da Saúde, sobre todo para dar a coñecer o plan municipal de saúde mental, as andainas, os talleres de regulación emocional, o programa de cesación tabáquica, etc”.
Esta mañá, o salón de Plenos da Casa do Concello acolleu a presentación da V Feira da Saúde e Benestar, que este ano ten como protagonista á pel. No acto participaron a concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, e a técnica municipal de Promoción da Saúde, Rosana Martínez. Ambas expuxeron a programación e incidiron na importancia deste tipo de xornadas para a promoción da saúde.
A concelleira de Promoción da Saúde, Susana Señorís, destacou que “este ano centrámonos no coidado da pel xa que é importante coidala durante todo o ano. A pel é o órgano máis grande e ademais o que nos envolve. Estas cuestións vanse abordar na feira deste sábado e para elo contaremos cunha charla en horario de mañá e cun coloquio e obradoiro pola tarde sobre os coidados básicos da pel para que estea sempre en bo estado”. Ademais, Susana Señorís dixo que “a parte máis importante desta feira é sempre darlle visibilidade ás asociacións que nos acompañan no día a día. Este é un xeito de sacar á rúa o traballo que fan diariamente en distintos ámbitos da saúde, para que a veciñanza o poida coñecer”.
Por outra banda, Señorís sinalou que “ter unha boa saúde tamén implica ter unha alimentación saudable e facer exercicio físico. Debido a iso vanse impartir sesións de taichí e ioga, e ademais, na praza da Maía, en horario de mañá celébrase o mercado de produtos da horta e artesanía, polo que as persoas que acudan á feira tamén poderán complementar a súa visita acudindo a dito mercado e viceversa. O Concello tamén disporá do seu propio stand no que se dará visibilidade ás actividades que se organizan dende o departamento de Promoción da Saúde, sobre todo para dar a coñecer o plan municipal de saúde mental, as andainas, os talleres de regulación emocional, o programa de cesación tabáquica, etc”.
A técnica municipal de Promoción da Saúde, Rosana Martínez, explica que “nesta quinta edición da feira da saúde e benestar participan 13 asociacións, das cales moitas delas xa levan compartindo este espazo con nós dende que naceu esta feira no ano 2021. Durante o primeiro ano xa participaron 15 asociacións. O que fomos vendo durante estas cinco edicións é que a participación das asociacións non é algo estático, senón que todos os anos se incorporan novas asociacións e outras non poden asistir e volven ao seguinte ano, por iso cremos que o obxectivo está cumprido que é que o mes de abril en Ames é o mesa da feira da saúde. O primeiro ano abordamos a saúde de xeito xeral, pero despois decidimos ter unha temática específica en cada edición: saúde mental, menopausa, hábitos de vida saudable e o coidado da pel”.
Programación da V Feira da Saúde e Benestar
A xornada comezará ás 11.00 horas coa inauguración da feira na carpa da praza da Maía, posteriormente desenvolveranse as presentacións de todas as entidades participantes. Ditas entidades son 13: ALCER, ANEDIA, AECC, Alcólicos Anónimos, ASANOG, Fonte da Virxe, querENDO, Obra Social Pediatría, AGAL Lupus Compostela, ConAtrite, AGADEA, Dano Cerebral Santiago de Compostela e ASOTRAME.
Xa ás 11.30 horas, a actividade trasladarase á Casa dos Maiores, situada na praza da Maía, onde se impartirá o relatorio A túa pel ten memoria, protéxea cada día; prevención do cancro de pel”, unha charla a cargo de Iria Villar, técnica de prevención e coidados da AECC. Logo deste espazo informativo, as persoas participantes recibirán unha clase de taichí impartida, ás 11.45 horas no parque do Ameneiral, polos instrutores de India&Tai, un centro de artes marciais.
Tras o taichí, haberá unha pausa ás 14.00 horas. A actividade retomarase ás 17.00 horas cunha nova rolda de presentacións. Unha vez rematada, comezará, ás 17.30 horas na Casa dos Maiores, o coloquio-obradoiro Coidados básicos da pel. Esta actividade estará impartida por Catalina Outeiral, que é Asesora Dermatolóxica.
Ás 19.00 horas, o persoal de India&Tai volverá impartir unha nova sesión, mais desta vez será de ioga. O emprazamento tamén será no parque do Ameneiral. Non obstante, no caso de choiva, tanto a sesión de taichí da mañá como esta de ioga trasladaranse á Casa dos Maiores. Ás 20.00 horas, a feira da saúde chegará ao seu fin.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)