Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today1 julio, 2026
Sabucedo, 1 de xullo de 2026.- A Rapa das Bestas de Sabucedo, Festa declarada de Interese Turístico Internacional en 2007 e Ben de Interese Cultural (BIC) Inmaterial en 2025, reunirá esta vindeira fin de semana nesta pequena parroquia estradense a arredor de 150 profesionais da comunicación procedentes de nove países para cubrir informativamente esta tradición centenaria.
Ademais dos xornalistas e fotógrafos procedentes de múltiples puntos da xeografía española, nesta edición tamén confirmaron a súa presenza en Sabucedo profesionais da comunicación chegados doutros oito países: Estados Unidos, Arxentina, Uruguay, Alemaña, Reino Unido, Romanía, Francia e Portugal.
Á marxe da celebración da Gran Gala na Honra dos Aloitadores programada para mañá ás 20.00 horas, a tradición da Rapa das Bestas arrincará na madrugada do venres coa celebración ás 06.30 horas dunha misa na honra a San Lourenzo, patrón de Sabucedo, antes de saír cara ao monte na busca das bestas.
Cómpre lembrar que as entradas para acceder ao curro nas rapas do sábado pola tarde e do domingo poña mañá, xa están esgotadas desde hai días, pero aínda quedan algunhas entradas dispoñibles na páxina web rapadasbestas.gal para a rapa do luns a mediodía (12.00 horas).
Por outra banda, ante a previsión dunha nova vaga de calor extrema, a organización vén de adoptar a decisión de atrasar o comezo da rapa do sábado das 19.00 ás 20.00 horas e de adiantar a do domingo e luns das 12.00 ás 11.00 horas.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)