AD

Destacado

A Xunta busca aos mellores queixos de Galicia

today16 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2023.- O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, asistiu esta mañá ao inicio do concurso da XXVI Cata dos Queixos Galicia, que organiza a Consellería do Medio Rural a través de dita Axencia. A cata desenvolveuse ao longo da mañá de hoxe na Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos de Santiago, coa participación de 12 expertos que escolleron aos mellores produtos entre 45 mostras.

Preto de 30 queixerías participan cos seus queixos pertencentes ás Denominacións de Orixe Protexida (DOP) Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro. Os gañadores recibirán a vindeira semana o seus recoñecementos como premiados de cada categoría.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%