Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today14 enero, 2024
Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia, detectaron esta achega irregular nunha inspección rutineira de control
Os inspectores confirmaron que a orixe do vertido estaba nunha empresa cunha acometida errónea das canalizacións das augas cara á condución de augas pluviais
Augas de Galicia requiriulle aos responsables da instalación a adopción das medidas correctoras oportunas
Os técnicos da Xunta verificaron recentemente, mediante a realización de analíticas, o cese da contaminación
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro 2024.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un vertido de augas residuais industriais no concello de Arzúa.
A achega irregular foi localizada no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia.
Os inspectores constataron un punto de vertido de orixe industrial cara ao dominio público, como consecuencia dunha acometida errónea das canalizacións das ditas augas cara á condución de augas pluviais.
Augas de Galicia instou ao titular das instalacións a levar a cabo as accións necesarias para emendar a situación.
Nunha nova inspección á zona, os técnicos comprobaron a través dunha analítica a eliminación do punto de vertido, logo de levar a cabo os responsables da instalación o selado da acometida errónea, emendando por completo as achegas contaminantes cara á rede pluvial.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)