AD

Actualidad

Abre en Sigüeiro un novo centro deportivo multidisciplinar de 300 m2

today20 abril, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

  • Agora Box4All está pensado para todos os públicos, con espazos e actividades para todo tipo de idades, intereses e forma física
  • O centro dispón de máis de 60 horas semanais de actividades dirixidas entre as que destacan CrossTraining Funcional, MMA, Calistenia, Pilates, Ximnasia Terapéutica ou Baile Latino
  • O espazo ofrece atención personalizada, grupos reducidos e un espazo infantil adaptado para facilitar a conciliación familiar

Oroso, 20 de abril. Sigüeiro conta cun novo espazo deportivo no que mellorar a saúde coa práctica dunha ducia de disciplinas deportivas. Agora Box4All, situado no parque empresarial de Sigüeiro (Oroso), conta con persoal especializado que imparte clases de actividades deportivas tan en auxe coma o MMA, a calistenia ou o crosstraining.

O centro, que iniciou a súa actividade a comezos de mes, concíbese como un espazo aberto no que o acompañamento, o seguimento individualizado e a atención personalizada é fundamental. Asemade, ten moi en conta a conciliación nunha localidade en pleno crecemento como Sigüeiro, xa que oferta tamén actividades para o público menor como artes marciais ou cross training, ao mesmo tempo que conta cun espazo infantil para que a rapazada permaneza entretida no box mentres os seus proxenitores adestran.

Cristian Carneiro, un dos socios impulsores, sinala que “fuximos completamente do concepto “ximnasio” xa que o que buscamos é que a xente mellore os seus hábitos de vida saudable e que os incorpore como parte da súa rutina”. Sobre a apertura en Sigüeiro, destaca que “atopámonos nunha área dinámica que está a experimentar un gran crecemento, ao pé dunha cidade como Santiago e accesible para todas as persoas que residen nos distintos concellos da comarca de Ordes”.

O proxecto xorde aquí pola propia vinculación coa zona xa que os catro socios residen na comarca e observaron “a necesidade dun centro destas características” e tamén porque “nos xeraba unha incomodidade ter que desprazarnos ata outros lugares para practicar este tipo de actividades deportivas”, remarca Carneiro.

 

Á inauguración do centro, realizada o pasado sábado 13 de abril, acudiron membros da corporación municipal que destacaron a aposta polo deporte e o fomento dos hábitos de vida saudable que promove AGORA. Entre os obxectivos do espazo está tamén a creación dun lugar no que se poidan crear lazos fortes e sans, axudando a dinamizar a vida social de Oroso e da súa contorna.

AGORA BOX EN CIFRAS

  • 120m2 de espazo cross para crosstraining e calistenia
  • 80m2 de tatami para a práctica de artes marciais
  • 80 m2 de espazo multifuncional para a práctica do resto de actividades dirixidas
  • 20 m2 de espazo infantil para facilitar a conciliación familiar

ACTIVIDADES

  • CrossTraining
  • Calistenia
  • MMA
  • Brazilian Jiu-Jitsu
  • No-Gi
  • Baile Latino
  • Pilates
  • Ximnasia Terapéutica
  • GAP
  • Aerobic

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%