AD

Comarca

Alberto Romar lamenta as “críticas destrutivas” do BNG a unha obra “sen rematar”

today21 julio, 2026

Fondo
share close
AD

O alcalde de Santa Comba quixo responder ás críticas do BNG sobre unha actuación parroquia de San Cristovo.

A Alberto Romar, parécelle “incríble”, en referencia ao responsable local nacionalista, “que unha persoa que aspira a ser concelleiro se adique a afirmar certas cousas como ésta, sen pedir información ou sen interpretar os proxectos con anterioridade”. O rexedor engadiu“ Non podo decir que me sorprenda porque xa nos ten acostumado a afirmación a similares sen estudio previo algún”

Falta de capacidade ou malas intencións

Romar asegura que non é partidario de “responder a críticas destrutivas” pero as manifestacións de Juan David Sixto “dan moito que pensar da falta de capacidade ou das malas intencións destas declaracións”.

O mandatario informou que “tanto a obra realizada no núcleo de San Cristovo como a obra realizada dende os Catro Ventos ata a ponte de Tapia están sen rematar”, aclarando que “a empresa executora é Ponciano Nieto e estiveron de vacacións nos últimas semanas”.

Ofrecemento de Alberto Romar

En declaracións a este medio, Alberto Romar precisou que “a obra inclúe unha serie de formigonados e o levantamento de arquetas que sería tan simple de saber cómo descargando o proxecto ou preguntando na alcaldía”.

E lanzou unha mensaxe a Sixto: “Desde aquí téndolle a miña man ao representante do BNG para que consulte certos temas pero teño que admitir que non lle auguro demasiado futuro político porque vexo que non invirte as horas necesarias para ser un futuro representante político”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *