Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today11 diciembre, 2023
Pola esquerda: Almudena Fernández Alborés (Garda Civil) Chus Campos, Roberto Martínez (cura párroco de Padrón), Anxo Arca, Francisco José Prieto e Julián Barrio
Padrón. 11-12-2023.- O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, abordaron diferentes vías de colaboración entre ambas as institucións durante a recepción oficial celebrada na casa consistorial coincidindo coa Xornada Diocesana da Xuventude que o pasado 6 de decembro xuntou en Padrón máis de 400 mozos e mozas. Na reunión tamén participaron o arcebispo emérito, Julián Barrio, a tenente de alcalde Chus Campos Varela e o párroco e arcipreste Roberto Martínez.
Anxo Arca destacou a vontade e o esforzo por tender pontes de entendemento e colaboración entre ambas as institucións. «É o noso deber dedicar todo o esforzo que sexa necesario para acadar espazos de respecto e concordia así como establecer canles de comunicación fluída que nos permitan colaborar de xeito mutuamente enriquecedor», afirmou o alcalde. Anxo Arca fixo referencia na súa intervención á importancia de Padrón na tradición Xacobea.
Francisco José Prieto agradeceulle ao rexedor a acollida por parte do Concello de Padrón e destacou valores constitucionais como o respecto á liberade relixiosa en tempos de confrontación. O arcebispo destacou a colaboración municipal para organizar a Xornada Diocesana da Xuventude, na que participaron máis de 400 persoas da diocese.
Despois de asinar no Libro de Honra do Concello celebrouse unha reunión de traballo. Anxo Arca e Chus Campos abordaron cos dous arcebispos e co párroco e arcipreste Roberto Martínez cuestións como a colaboración entre o Concello e a Igrexa para a restauración, conservación e posta en valor do patrimonio histórico e artístico de titularidade eclesiástica, a revisión e seguimento dos convenios actuais entre ámbalas dúas institucións, a xestión do Camiño de Santiago ou o uso de diversos espazos de titularidade eclesiástica por parte do Concello.
Na recepción oficial tamén estiveron presentes membros da Corporación; a sarxento da Garda Civil e comandante do cuartel de Padrón, Almudena Fernández Alborés; a presidenta da Confraría das Dores, Carmen Blanco Arca; e representantes da Confraría do Santo Enterro e de Cáritas de Padrón.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)