Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today22 abril, 2024
Dende o pasado 19 de abril está aberto o prazo para solicitar axudas para a promoción do comercio local. A convocatoria de ditas axudas saíu publicada no BOP o xoves, 18 de abril, co cal o prazo para presentar as solicitudes é dun mes dende o día seguinte de dita publicación
O importe desta convocatoria de subvención é de 40.000 euros: 35.000 euros para a promoción comercial e 5.000 euros para infraestruturas e equipamentos. As solicitudes hai que presentalas a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou do Rexistro electrónico do Punto de Acceso Xeral do Estado (REC)
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, sinala que “esta liña de axudas pretende dinamizar o noso comercio local a través dunha subvención directa aos colectivos asociativos do concello, para que poidan seguir impulsando a actividade económica de Ames, reforzando o tecido empresarial e creando oportunidades de emprego para a veciñanza amesá”
Ames, 22 de abril de 2024.- Dende o pasado 19 de abril está aberto o prazo para solicitar axudas para a promoción do comercio local. A convocatoria de ditas axudas saíu publicada no BOP o xoves, 18 de abril, co cal o prazo para presentar as solicitudes é dun mes dende o día seguinte de dita publicación. O importe desta convocatoria de subvención é de 40.000 euros: 35.000 euros para a promoción comercial e 5.000 euros para infraestruturas e equipamentos. As solicitudes hai que presentalas a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou do Rexistro electrónico do Punto de Acceso Xeral do Estado (REC).
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, vén de sacar unha nova convocatoria de axudas para a promoción do comercio local. Os obxectivos que se perseguen con esta liña de axudas son achegar ao comercio amesán o maior número posible de clientes, empregando para elo os colectivos como instrumento para acadar este fin; e mellorar a calidade da actividade comercial do concello.
Outros dos obxectivos é fomentar a existencia dunha actividade estable de promoción e mellora do comercio dentro do ámbito territorial do concello, programada e desenvolta polas entidades asociativas do sector, e na que a administración municipal represente unpapel secundario, tanto na elección do tipo de actividades a desenvolver, como na súa posta en práctica e no seu financiamento.
Para a consecución destes obxectivos estratéxicos, establécense as seguintes liñas de actuación, ou obxectivos secundarios: primar actividades abertas á participación do comercio en xeral, e non só aos membros de cada un dos solicitantes; e acadar o autofinanciamento das entidades, primando a aquelas que acheguen unha maior porcentaxe de fondos propios ao desenvolvemento das actividades.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, sinala que “esta liña de axudas pretende dinamizar o noso comercio local a través dunha subvención directa aos colectivos asociativos do concello, para que poidan seguir impulsando a actividade económica de Ames, reforzando o tecido empresarial e creando oportunidades de emprego para a veciñanza amesá”.
Axudas para a promoción comercial, infraestruturas e equipamentos
Esta liña de subvencións destínanse ás accións e proxectos que teñen como finalidade a promoción comercial: publicidade, promoción de vendas, animación comercial, celebración de exposicións, congresos e aquelas actividades que busquen fomentar a venda de produtos comercializados por empresas que desempeñen a súa actividade comercial no concello de Ames, así como os gastos de contratación de persoal que leve a cabo accións de promoción económica dentro do ámbito dos asociados.
Por outro lado, a segunda liña de actuación vai dirixida a sufragar os gastos de infraestruturas e equipamento das asociacións (mellora das instalacións, adquisición de material mobiliario ou material funxible, software propio ou páxina web, etcétera). Así mesmo, inclúense tamén os gastos de funcionamento da asociación (alugueiro de locais e xestoría).
En total, concederanse axudas por valor de 40.000 euros, dos cales 35.000 se destinarán á promoción comercial, e outros 5.000, á mellora de infraestruturas. Esta convocatoria de subvencións está recollida no Plan estratéxico de subvencións do Concello de Ames, 2023 – 2025, aprobado no Pleno do 23 de febreiro de 2023, e modificado na sesión plenaria do 11 de maio de 2023.
Criterios de valoracións das axudas
Para a valoración das solicitudes teranse en conta os seguintes aspectos: número de socios activos da entidade, orzamento total do grupo de actividade, promoción da lingua galega, adhesión ao Sistema de Arbitraxe de Consumo de Galicia e realización de actividades por unha soa asociación en máis dun núcleo poboacional (tanto en Bertamiráns como no Milladoiro).
O prazo para presentar as solicitudes é de un mes dende o 19 de abril. A convocatoria de ditas axudas saíu publicada no BOP o xoves, 18 de abril, co cal o prazo para presentar as solicitudes é dun mes dende o día seguinte de dita publicación. As solicitudes hai que presentalas a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou do Rexistro electrónico do Punto de Acceso Xeral do Estado (REC).
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)