AD

Comarca

Dodro reclama á Xunta melloras no servizo de autobús

today27 noviembre, 2026

Fondo
share close
AD

O Concello recollerá as reclamacións da veciñanza para pedir a revisión da concesión do Barbanza, que reduciu a frecuencia dos autobuses e as conexións con Padrón, Santiago de Compostela e o Barbanza.

O Concello de Dodro reclama á Xunta de Galicia que revise a concesión do transporte público do Barbanza (contrato XG847). A reorganización dos percorridos, das paradas e dos horarios reduciu de xeito significativo a frecuencia dos autobuses e as conexións do municipio. A redución afecta especialmente ao estudantado e ás persoas traballadoras.

Ante as sucesivas queixas da veciñanza, o Concello recollerá as reclamacións das persoas afectadas e trasladaraas á Xunta. O formulario oficial estará dispoñible os días hábiles na Casa do Concello, de 9.00 a 14.00 h, e na Casa da Cultura, de 10.00 a 15.00 h e de 15.30 a 19.00 h.

Con esta iniciativa, o Concello busca que a Xunta revise a concesión e adapte os horarios e as conexións ás necesidades da veciñanza.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *