AD

Destacado

Ames comeza o acondicionamento dos parques caninos do Milladoiro e Bertamiráns

today13 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD
  • O concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo: “Con esta actuación atendemos unha antiga reclamación dos usuarios dos parques caninos de Ames”
  • O presuposto destinado para estas actuacións é de 30.000 euros a repartir entre os dous recintos

Ames, 13 de novembro de 2023.- Dan inicio as tarefas de acondicionamento dos parques caninos de Ames do Milladoiro e Bertamiráns adxudicadas a empresa Construcciones Lemos Martínez, S.L. por un monto total de 30.000 euros (IVA incluído).

Estas actuacións en ambos parques responden a “unha antiga reclamación dos usuarios destes parques do concello, que verán os resultados antes do remate deste ano”, explicou o concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo. O edil tamén pon de manifesto a intención da concellería de “mellorar ano a ano estas instalacións establecendo así un proceso de mellora continua”.

As accións comúns a ambos parques serán a reparación do peche perimetral, a instalación dunha entrada tipo burladeiro, a colocación de fontes con bebedeiro inferior e superior para persoas e animais e colocación de algúns elementos Agility. Tamén ambas instalacións se están a dotar con bancos e papeleiras.

O concelleiro tamén puntualizou que a parte destas actuacións comúns cada recinto ten as súas propias particularidades e que polo tanto necesitan unhas labores de acondicionamento distintas. Nas instalación do Milladoiro procederanse a reparar as travesas das escaleiras que comunican a parte inferior coa superior, reforzarase a separación entre as dúas zonas e, por último, solucionarase o problema existente de filtración de augas na parte inferior por medio duns drenaxes.

Mentres tanto en Bertamiráns deixarase unha única entrada e habilitarase unha zona de liberdade fóra do recinto pechado na que os cans catalogados como potencialmente perigosos deberán levar correa e bozal. Debido as particularidades deste recinto, antigamente empregado como pista de voleibol, é necesario adaptar o espazo de forma correcta á función de parque canino que está a desempeñar na actualidade.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%