Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today4 marzo, 2024
O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “hai que concienciarse que temos que apostar pola igualdade e a integración laboral das persoas con discapacidade, porque forma parte da esencia das políticas sociais cos que traballamos dende Ames. O máis importante de traballar cos centros especiais de emprego é que favorecemos o desenvolvemento dunha política social e inclusiva. Ao mesmo tempo potenciamos a nosa economía local e de proximidade”
No pasado mes de xullo a Xunta de Goberno Local adxudicou o contrato de mantemento de zonas verdes do concello de Ames á empresa Coregal Parques e Xardíns SL, por un importe de 1.531.860 euros (IVE incluído). Este contrato está dirixido a centro especiais de emprego de iniciativa social e ten unha duración de catro anos
Ames, 4 de xaneiro de 2024.- Máis dun centenar de persoas, de forma presencial e en liña, participaron o pasado venres, 1 de marzo, na xornada organizada por CEGASAL e AEIGA para abordar a contratación reservada e na que se abordou a importancia da dimensión social e ambiental nos contratos públicos das entidades locais. O alcalde de Ames, Blas García, xunto aos rexedores de Carballo, Sada e Ribadavia, participaron na primeira mesa redonda falando da súa experiencia cos centros especiais de emprego sen ánimo de lucro e as empresas de inserción laboral. Ames, xunto a Carballo e Santiago, son Concellos pioneiros en traballar coas entidades de economía social. Por parte do Concello de Ames tamén participou a interventora municipal, Margarita Fernández, para falar sobre a experiencia en contratación reservada en sectores específicos.
Os centros especiais de emprego de iniciativa social son entidades que teñen como obxectivo principal a integración laboral de persoas con discapacidade, mentres que as empresas de inserción laboral representan a persoas en situación de exclusión social como tránsito ao emprego ordinario. Dados os obxectivos comúns en favor da economía social, CEGASAL e AEIGA organizaron o pasado 1 de marzo en Santiago de Compostela unha xornada de traballo para abordar a contratación reservada, profundando na importancia da dimensión social e ambiental nos contratos públicos.
Por parte do Concello de Ames participaron o alcalde, Blas García, e maila interventora municipal, Margarita Fernández. O rexedor de Ames participou na mesa redonda na que se abordou a xestión de contratos reservados. Blas García agradeceu a CEGASAL o convite para participar neste evento para explicar a experiencia do Concello de Ames cos contratos reservados para persoas con discapacidade e para persoas en risco de exclusión social.
Blas García destacou que “hai que concienciarse que temos que apostar pola igualdade e a integración laboral das persoas con discapacidade, porque forma parte da esencia das políticas sociais cos que traballamos dende Ames. O máis importante de traballar cos centros especiais de emprego é que favorecemos o desenvolvemento dunha política social e inclusiva. Ao mesmo tempo potenciamos a nosa economía local e de proximidade”.
Os rexedores de Ames, Carballo, Sada e Ribadavia e o concelleiro de Mobilidade e Convivencia de Santiago apelaron á responsabilidade das institucións locais na construción dunha comunidade máis inclusiva, onde todas as persoas, independentemente das súas habilidades ou circunstancias, poidan participar plenamente na vida laboral e social. Ademais, animaron a outros alcaldes a sumarse a este compromiso social porque, sinalaron, “ademais de cumprir coa lexislación vixente, neste tema pesa e moito a vontade política”.
Contrato de mantemento de zonas verdes do concello de Ames
Cómpre lembrar que no pasado mes de xullo a Xunta de Goberno Local adxudicou o contrato de mantemento de zonas verdes do concello de Ames á empresa Coregal Parques e Xardíns SL, por un importe de 1.531.860 euros (IVE incluído). Este contrato está dirixido a centro especiais de emprego de iniciativa social e ten unha duración de catro anos. A prestación do servizo iniciouse o pasado 1 de setembro de 2023.
Entre as zonas de actuación destacan a área fluvial de Tapia, a contorna das piscinas e da Casa da Cultura do Milladoiro, a área de estacionamento de autocaravanas, a praza de Manuel Murguía, a da Madalena, a de Correos, o parque empresarial do Milladoiro ou o campo fútbol. En Bertamiráns entre os elementos a conservar están a contorna da piscina da Telleira, o parque do Ameneiral, a praza de Chavián, a Casa da Cultura, a praza do Concello ou o Pazo da Peregrina.
Contratación reservada en sectores específicos
Por parte do Concello de Ames tamén participou a interventora municipal, Margarita Fernández, para falar sobre a experiencia en contratación reservada en sectores específicos. Nesta mesa redonda a Interventora municipal de Ames xunto a outras/os técnicas e técnicos de varios concellos sinalaron que o cumprimento da Lei de Contratos Públicos no que se refire a centros especiais de emprego ou empresas de inserción “sería máis sinxelo se estivese recollido no propio texto da lei e non nunha disposición”. Isto, sinalaron, dificulta “o seu coñecemento e cumprimento”.
Escrito por Líder Redacción
ames comarca diversidad emprego radio lider santiago traballo
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)