Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today10 julio, 2026
Blas García comezou explicando que “o servizo de comedores escolares de Ames púxose en marcha no curso 2005-2006 con dous comedores, unha cociña, un vehículo para transportar a comida e 300 usuarios/as. Na actualidade, vinte anos despois, cóntase con sete comedores (proximamente serán oito cando se abra o novo CEIP do Milladoiro), dúas cociñas (a Cociña central e maila cociña da EEI do Milladoiro para menús específicos de tratamento nutricional), tres vehículos para transportar a comida e preto de 1.500 usuarios/as”
Tamén destacou que “máis do 20% do noso orzamento, que ascende a 38 millóns de euros, está destinado á área de educación. O servizo de conciliación ocasiónanos un déficit de máis de 2 millos de euros, pero consideramos que o gasto neste servizo de conciliación é un investimento, por iso queremos prestar un servizo de calidade”
Ames, 10 de xullo de 2026.- O alcalde de Ames, Blas García, participou hoxe na xornada «O futuro dos comedores escolares: alimentación, saúde e sostibilidade», que se realizou, en horario de mañá, na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia, co patrocinio da Consellería do Mar. Esta iniciativa estivo organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) e a Confederación ConsumES. O rexedor amesán participou xunto a Sandra Sánchez, representante de Ausolán, na mesa de “Xestores de alimentación. Modelos de prestación do servizo de comedores”. Esta mesa de debate estivo moderada por José Miñones, presidente de Mercasa.
A Unión de Consumidores de Galicia, a través do proxecto Consomes, organizou este venres, 10 de xullo, unha xornada dedicada aos comedores escolares, na que se abordaron aspectos relacionados coa alimentación saudable, a xestión dos comedores, a supervisión dos menús, a normativa vixente e as estratexias para fomentar o consumo de produtos de calidade.
Tratouse dun encontro concibido para reunir a un grupo selecto de responsables institucionais, expertos de referencia, representantes da comunidade educativa e profesionais vinculados á alimentación e á saúde pública. Nun momento de profunda transformación normativa e social para os comedores escolares, este foro foi un espazo de debate sobre o que este sector necesita.
Ao longo da mañá abordáronse, desde unha perspectiva multidisciplinar, o papel da alimentación infantil na promoción da saúde e da sostibilidade, os modelos de xestión dos comedores escolares, o novo marco regulador e as recomendacións nutricionais aplicables aos menús, así como os mecanismos de supervisión e control para garantir a súa correcta implantación. A participación de especialistas do ámbito universitario, sanitario, educativo, asociativo e empresarial converteu esta xornada nun espazo privilexiado para o intercambio de coñecemento, experiencias e propostas de futuro.
A xornada foi inaugurada pola conselleira do Mar, Marta Villaverde Acuña, e polo secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Manuel Vila López. A continuación, realizouse a primeira mesa de debate denominada “Alimentación, nutrición e saúde na alimentación infantil e xuvenil”, que estivo moderada por Sagrario Pérez Castellanos, subdirectora xeral de Hábitos de Vida Saudables. Participaron Paula Roade (departamento de Química Analítica e Nutrición da USC); Rafael Moreno (director da cátedra de Gastronomía Mediterránea da Universidade de Córdoba); e José Manuel Fernández (xefe do servizo de Atención Primaria de Valga).
Xestores de alimentación. Modelos de prestación do servizo de comedores
O alcalde de Ames, Blas García, participou xunto a Sandra Sánchez, representante de Ausolán, na mesa de “Xestores de alimentación. Modelos de prestación do servizo de comedores”. Esta mesa de debate estivo moderada por José Miñones, presidente de Mercasa. Nesta mesa abordouse o servizos de comedores escolares desde o ámbito municipal e privado. Deste xeito, abordáronse os modelos do servizo; a calidade e o prezo; e a influencia da alimentación na saúde.
Blas García comezou explicando que “o servizo de comedores escolares de Ames púxose en marcha no curso 2005-2006 con dous comedores, unha cociña, un vehículo para transportar a comida e 300 usuarios/as. Na actualidade, vinte anos despois, cóntase con sete comedores (proximamente serán oito cando se abra o novo CEIP do Milladoiro), dúas cociñas (a Cociña central e maila cociña da EEI do Milladoiro para menús específicos de tratamento nutricional), tres vehículos para transportar a comida e preto de 1.500 usuarios/as”.
Tamén dixo “temos unha nutricionista municipal que elabora o menú da Rede municipal de comedores escolares e que tamén achega recomendacións para as ceas. Isto é fundamental para a xestión do menús que se serven nos comedores escolares. Gústanos adaptar os menús as distintas intolerancias para que non haxa diferencia entre o alumnado. Sempre intentamos que os menús sexan iguais para todos. Teño que dicir que cando se publicou o decreto que regula os comedores escolares en España cumpríamos practicamente todo, excepto o apartado de alimentos integrais, niso tivemos que adaptar os menús para incluír pan, arroz e pasta integral”.
Sobre o servizo de conciliación incidiu en que “os prezos levaban sen actualizar desde o ano 2011. Este pasado curso conseguimos adaptar os prezos. Dispoñemos duns prezos progresivos para as familias. Ofrecemos un servizo de conciliación, non somos un servizo universal, polo que o obxectivo é axudar ás familias nas teñen que traballar os dous proxenitores ou o proxenitor (pai ou nai) en caso de familias parlamentarismo. Temos 10 tramos e págase o servizo en función do IPREM. As cotas mensuais van desde os 0 euros ata os 141 euros. Por dar algúns datos do gasto que facemos ao longo do curso, teño que dicir que en peixe fresco gastamos 90.000 euros/ano e en froita máis de 80.000 euros”.
Por último, destacou que “máis do 20% do noso orzamento, que ascende a 38 millóns de euros, está destinado á área de educación. O servizo de conciliación ocasiónanos un déficit de máis de 2 millos de euros, pero consideramos que o gasto neste servizo de conciliación é un investimento, por iso queremos prestar un servizo de calidade”.
Supervisión e control dos menús
Outra das mesas de debate xirou arredor da supervisión e control dos menús, moderada pola xornalista Carmen Chao, e na que participaron Rogelio Carballo, presidente de Confapa, e Ana Alzaga, secretaria de ConsumES.
De seguido, despois dunha pausa, abordouse o marco normativo e as recomendacións nutricionais nos comedores escolares. Esta mesa estivo moderada por Paula Carrera de Komoda News. Como poñentes participaron: Rafael Urrialde (Real Academia Europea de Doutores); Gustavo Quindimil (xerente da Axencia Galega de Servizos Sociais); e Gloria Bernárdez (presidenta de celíacos de Galicia).
A última mesa de debate centrouse nas estratexias para impulsar o consumo de peixe e alimentos de calidade diferenciada. Estivo moderada por Juanjo de la Cerda, CEO de Clusaga, e participaron como poñentes: Isaac Rosón Sánchez-Brunete, director xeral de Pesca; Martín Alemparte, director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria; Joaquín Garrido, xerente de la DOP Mexillón de Galicia; Luis Antonio Vázquez Pérez, IXP Ternera Gallega; e un representante do CRAEGA.
Escrito por Líder Redacción




2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)