Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today19 enero, 2024
Ames, 18 de xaneiro de 2024.- O Concello organiza, por segundo ano consecutivo, un cocido para as persoas maiores do concello. Trátase dun xantar que se celebrará o martes 13 de febreiro, martes de Entroido, a partir das 14.00 horas, no pavillón do Milladoiro. No xantar servirase cocido para as persoas maiores de 65 anos empadroadas en Ames. O xantar será gratis, pero haberá que reservar praza chamando, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, aos números de teléfono: 881 074 730 / 669 119 431 / 680 297 235 / 662 377 044. O prazo para inscribirse estará aberto ata o 2 de febreiro. Posteriormente, haberá que retirar o tícket do xantar do 5 ao 9 de febreiro na Casa do Concello (departamento de Gabinete de Alcaldía) ou nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Haberá servizo de autobús polas parroquias para acudir ao xantar e volver para casa. Anímase á veciñanza a acudir ao xantar disfrazados.
O Concello de Ames recuperou no ano 2022 a tradicional festa dos maiores, que se celebrou a comezos do mes de xullo. Posteriormente, en 2023 decidiuse que a festa dos maiores íase a realizar o martes de Entroido. Deste xeito, dáselle continuidade a dita festa coa segunda edición do cocido dos maiores de Ames.
Este ano celebrarase o martes, 13 de febreiro, martes de Entroido, a partir das 14.00 horas, no pavillón do Milladoiro. No xantar servirase cocido para as persoas maiores de 65 anos empadroadas en Ames. Anímase á veciñanza a acudir ao xantar disfrazados. A temática da festa deste ano será os anos 20. Haberá premios para os mellores disfraces.
A festa estará amenizada coa música do dúo Matices.
O alcalde de Ames, Blas García, destaca que “Ames é o concello máis novo de Galicia, pero iso non significa que deixemos de lado a unha parte tan importante da nosa sociedade como son os nosos maiores. Por ese motivo, todos os martes de entroido celebraremos o seu día cun cocido. Con esta festa o que se pretende é que os nosos maiores pasen un día de convivencia e festa todos xuntos. Animamos a todos e todas a que se inscriban e acudan disfrazados ao xantar”.
Prazo de inscrición
Xa está aberto o prazo para inscribirse no cocido. Ata o 2 de febreiro as persoas maiores de Ames poderán inscribirse para participar neste xantar. Para elo hai que reservar praza chamando, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, aos números de teléfono: 881 074 730 / 669 119 431 / 680 297 235 / 662 377 044.
Posteriormente, unha vez rematado o prazo de inscrición, abrirase un prazo para retirar os tíckets para poder acceder ao xantar. Os tíckets poderanse recoller do 5 ao 9 de febreiro na Casa do Concello (departamento de Gabinete de Alcaldía) ou nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro.
Servizo de autobús polas parroquias
Haberá servizo de autobús polas parroquias para recoller ás persoas que así o desexen e achegalas ata o pavillón do Milladoiro. Ao final da festa as persoas que o desexen poderán volver empregar o servizo de autobús para regresar a súa casa.
Esta festa está dirixida ás persoas maiores de 65 anos, que estean empadroadas no Concello de Ames. Poderase acudir de xeito individual ou en parella. No caso de ir en parella será suficiente con que un dos dous membros da parella estea empadroado no Concello.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)