AD

Actualidad

Verea esixe solucións ante o posible impago ás traballadoras do SAF

today30 septiembre, 2026

Fondo
share close
AD

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, esixiu ao goberno municipal unha resposta inmediata ante a información de que as preto de 200 traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar, encargadas de atender nos seus domicilios a persoas maiores e dependentes da cidade, foron informadas de que non percibirán a nómina de setembro.

“Pedímoslle ao goberno municipal que confirme publicamente se é certo e, se é así, que explique que actuacións realizou ante a empresa e que medidas vai adoptar. Estamos falando de 200 traballadoras que cumpriron co seu traballo e que agora chegan a final de mes sen cobrar”, sinalou Verea.

O líder popular incidiu especialmente no impacto que esta situación ten sobre as familias das traballadoras. “Nun momento especialmente complicado polo custo da vivenda e da vida diaria, deixar a 200 traballadoras sen a súa nómina significa poñerlles moito máis difícil pagar o alugueiro ou a hipoteca, facer a compra ou afrontar os recibos. Non poden ser elas as que soporten as consecuencias desta situación”.

A nómina de setembro súmase á paga extraordinaria de verán que continúa pendente de abono e aos gastos de desprazamento que, segundo a información trasladada polos traballadores, están tendo que adiantar do seu peto.

Verea reclamou ao Concello que exerza as súas funcións como administración responsable do contrato e esixa á empresa o cumprimento das súas obrigas. “Un goberno que se define como social non pode permanecer impasible cando 200 traballadoras dun servizo público esencial non cobran. A sensibilidade social demóstrase nestes momentos: estando ao lado das persoas e buscando solucións”

Para Verea, a situación evidencia tamén os problemas de xestión municipal no día a día. “Un Concello tamén se mide por conseguir que as cousas funcionen todos os días. Aquí temos traballadoras que non cobran e persoas maiores e dependentes que necesitan que este servizo funcione. O goberno municipal ten que actuar e dar explicacións”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *