Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
A asociación Alcer Coruña, coa colaboración do Concello de Rois, convida a toda a veciñanza a participar nunha cita moi especial o vindeiro sábado 3 de outubro, ás 20:00 horas, no Edificio Multiusos do Concello de Rois.
Trátase dunha xornada de humor e diversión pensada para todos os públicos que ten como obxectivo principal manter e impulsar as actividades de sensibilización que Alcer Coruña realiza no día a día en materia de doazón de órganos. A iniciativa demostra que falar dun tema tan vital tamén se pode facer desde a ledicia, a cultura e a unión comunitaria.
Para conseguir ou reservar as túas entradas, podes facelo chamando ao teléfono 670 339 066 ou a través do correo electrónico eventossolidarios@alcercoruna.org. Ou ben ese mesmo día alí.
Desde a organización animamos a todas as persoas a sumarse a este espazo de encontro e risas: un pequeno xesto que axuda a visibilizar unha causa que salva vidas.
Alcer Coruña
A Asociación para a Loita Contra as Enfermidades de Ril, Alcer Coruña, ten como obxectivo prestar atención psicosocial e mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade renal e aos seus familiares na provincia de A Coruña. Ademais da atención, asesoramento e intervención con persoas con enfermidade renal, entre os obxectivos da entidade tamén está a sensibilización á cidadanía sobre a doazón de órganos e a importancia dos hábitos de vida saudable para o coidado da saúde renal.
Escrito por Líder Redacción


2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)