AD

Actualidad

Andrés Lago Louro asume a presidencia do Consello Consultivo de Galicia

today11 octubre, 2024

Fondo
share close
AD

José Antonio Fernández Vázquez, presidente saínte, destacou a alta capacidade e profesionalidade do equipo que herda Andrés Lago Louro, ofrecéndolle a súa colaboración e desexándolle éxito no seu mandato.

• Lago Louro subliñou o papel crucial do Consello Consultivo como garante da legalidade e do Estado de Dereito, e salientou a importancia do bo funcionamento da Administración de Xustiza nunha democracia.

• O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, eloxiou a traxectoria de Lago Louro, afirmando que a súa «ilusión e claridade sobre o que pode achegar neste novo posto» xéranlle gran tranquilidade, e destacou a importancia do Consello Consultivo para garantir un marco xurídico sólido en Galicia.

Santiago, 11 de outubro de 2024.- Hoxe tivo lugar o acto de toma de posesión de Andrés Lago Louro como novo presidente do Consello Consultivo de Galicia, nunha cerimonia marcada pola emoción e o respaldo institucional. O evento foi presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e contou coa presenza dos conselleiros do supremo órgano consultivo da Xunta e administracións públicas de Galicia que, por unanimidade, elixiron a Lago Louro presidente o pasado 2 de outubro.

Tras as palabras de benvida do presidente saínte, José Antonio Fernández Vázquez, procedeuse á lectura do decreto de nomeamento por parte do secretario xeral, José Ángel Oreiro Romar. O novo presidente optou pola fórmula do xuramento, e seguidamente dirixiuse aos asistentes, entre os que se atopaban o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira; o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos López-Prado; o vogal territorial de Galicia no Consello Xeral do Poder Xudicial, José Luis Costa Pillado; a presidenta da Sala de Contencioso Administrativo do TSXG, Dolores Rivera Frade; o conselleiro maior do Consello de Contas, Juan Carlos Aladro Fernández; o presidente do Consello Económico e Social, Manuel Pérez Álvarez; a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Antía Sández Callejo, así como outros cargos do Goberno galego mais a súa familia e amigos.

Na súa intervención, José Antonio Fernández Vázquez destacou que Andrés Lago Louro «herda un persoal, tamén os conselleiros, da máis alta capacidade e profesionalidade», desexándolle éxito no seu mandato e ofrecendo a súa plena colaboración.

O novo presidente, pola súa banda, expresou o seu orgullo por asumir a presidencia desta institución, afirmando: «O Consello Consultivo de Galicia, para min, é un orgullo. É un orgullo porque a función que ten é garantir a legalidade, a vixencia do Estado de Dereito, é algo que debemos poñer en valor». Ademais, Lago Louro quixo salientar que «non nos olvidemos nunca un bo funcionamento da Administración de Xustiza é a garantía máis esencial dun Estado democrático e dun Estado de dereito», subliñando o papel crave da xustiza nunha democracia sólida.

Pola súa banda, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou a ampla traxectoria de Lago Louro, sinalando a súa capacidade como xuíz e a súa aptitude para liderar o Consello. “A ilusión, o claro que tiña que podía seguir aportando neste novo posto, a min déixame moi tranquilo”, ratificou o presidente durante o acto, no que fixo fincapé no papel fundamental deste organismo para garantir un marco xurídico sólido na comunidade e o bo funcionamento da Administración autonómica e local. Ademais, pediulle ao novo presidente que siga habendo “proactividade para facer propostas de asuntos que se poden mellorar na esfera das súas competencias”.

Finalmente, nas súas intervencións, tanto o presidente saínte como o novo presidente, así como o titular da Xunta, coincidiron en destacar a brillantez do Consello Consultivo baixo a presidencia do maxistrado José Luis Costa Pillado, quen ascendeu recentemente a vogal do Consejo General del Poder Judicial. Todos subliñaron a súa excelente xestión e o seu papel fundamental nos últimos anos, dignificando o labor do organismo.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%