AD

Arte y Cultura

Antón Reixa presenta esta tarde en Compostela o seu novo libro ‘2ª man’

today28 noviembre, 2023

Fondo
share close
AD

O poeta, músico e artista Antón Reixa vén de publicar 2ª man, un libro que recolle a súa experiencia de exploración polas fronteiras entre a poesía e a performance. O autor estará este martes 28 de novembro, ás 19 horas, na libraría Cronopios de Compostela, onde conversará con Henrique Monteagudo sobre esta obra editada por Chan da Pólvora.

2ª man é un libro que nace da observación atenta da realidade urbana e mediática que nos rodea. Reixa combina a súa voz poética con imaxes da súa performance Acción Anakoluto, na que imita aos tradutores de lingua de signos, inspirándose nun caso real que aconteceu nos funerais de Nelson Mandela. Tamén incorpora referencias á cultura popular, como o lema Non odias os luns, odias o capitalismo, que foi o manifesto do festival Alguén que respira! de 2022, no que Reixa participou.

O libro é unha mostra da traxectoria de Antón Reixa, un dos autores máis relevantes da poesía galega desde os anos oitenta, que leva case cincuenta anos experimentando coas posibilidades expresivas da palabra, o son e a imaxe. 2ª man é o seu segundo título no catálogo de Chan da Pólvora, despois de Outlet, publicado en 2020.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%