Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today3 septiembre, 2024
Padrón. 03-09-2024.- A Corporación Municipal de Padrón vive un momento de incerteza tras o recente acordo entre o BNG e o Partido Popular (PP).
A voceira do BNG de Padrón, Beatriz Rei, asinou, xunto a tres concelleiros do PP, a convocatoria dun pleno extraordinario para cubrir as vacantes deixadas polas recentes dimisións no grupo popular.
O pleno, celebrado este martes 3 de setembro ás 12:00 horas, foi convocado para cubrir as tres vacantes producidas tras as dimisións do exalcalde Antonio Fernández, Lorena Couso e José Ramón Pardo. A sinatura de Beatriz Rei permitiu que o pleno se levase a cabo, sumándose ás dos concelleiros populares Javier Gillán, Andrés García Bustelo e María del Carmen Bustelo. Sen embargo, a propia voceira nacionalista decidiu non asistir á sesión, o que alimenta aínda máis as especulacións sobre as intencións do BNG.
Trátase do primeiro documento que plasma un acordo entre o BNG e o Partido Popular e esperta a especulación sobre unha posible moción de censura.
O alcalde de Padrón, Anxo Arca, expresou a súa sorpresa ante este acordo inesperado entre o BNG e o PP, instando ao BNG a «aclarar se vai continuar apoiando ao goberno de progreso de Padrón ou se vai facilitar o retorno de quen mantivo ao noso pobo nun estado lamentable de atraso e abandono».
Arca subliñou que “en maio de 2023 as padronesas e padroneses decidiron dar a maioría ao PSdeG-PSOE, tumbando a maioría absoluta do Partido Popular. O BNG debe deixar clara cal é a súa postura ao respecto: se quere respectar á cidadanía ou facer de muleta do PP”.
Mentres se espera unha resposta clara por parte do BNG, o alcalde Anxo Arca asegurou que “o goberno municipal de Padrón continuará a traballar para garantir as melloras necesarias para que o noso pobo siga na senda de progreso deste último ano, actuando en todos os territorios e en todas as instalacións municipais”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)